Govea
Govea
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galego-portuguesa que trae por armas un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cun león rampante, de púrpura; segunda partición, en campo de azul, con tres vieiras de prata, postas en pao, superadas por cadansúa flor de lis, de ouro.