Gouvion de Saint-Cyr, Laurent de

Gouvion de Saint-Cyr, Laurent de

Militar francés, marqués de Gouvion-Saint-Cyr. Loitou na Revolución Francesa e, posteriormente, integrouse no exército do Rin, onde ascendeu a capitán (1792). Nomeado xeneral en xefe do exército de Roma (1797), participou coas forzas napoleónicas nas campañas de Italia, España e Rusia, onde foi nomeado mariscal (1812). Ministro de Guerra de Luís XVIII (1817-1819), deixou o cargo trala morte do duque de Berry pola oposición dos realistas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Toul, Lorena

  • Deceso

    Lugar : Hyères, Provenza