"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor polaco. Coñecido co nome latinizado de Andreas Fricius Modrevius, posuíu diversos cargos diplomáticos. Das súas obras, ademais de diversos tratados teolóxicos, destacan Lascius, sive de poena homicidii (1546) e Commentatorium de Republica emendanda libre quinque (1551).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa o modo de actuar de alguén.
-
PERSOEIRO
Escritor e político alemán. Despois de 1918 foi o teórico do neoconservadorismo ideolóxico nacionalista. Preconizaba un estado popular e nacional (volkstaat) que integrase novamente o individuo á súa corporación. Escribiu Die Deutschen (Os alemáns, 1904-1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, que abrangue unha zona da costa SO da illa de Gran Canaria ata o centro (12.444 h [2001]). É un centro agrícola e turístico onde a gandaría é complementaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa. Fundou as terciarias franciscanas da Virxe do Divino Pastor, chamadas vulgarmente da Divina Pastora. En 1850 entrou en Ripoll, no instituto que acababan de fundar as terciarias capuchinas da Divina Pastora, do que foi a primeira superiora. En 1872 abandonou o cargo para fundar un de seu, e pasou o resto da súa vida en Madrid e Fuencarral. En 1996 foi beatificada por Xoán Paulo II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e relixioso. Interesado pola literatura francesa, realizou a tradución dos Pensamentos de Pascal. Foi tamén un dos iniciadores do cultivo do dialecto biscaíño, variante na que editou un catecismo e dous tratados sobre a confesión e a comuñón. A súa obra máis importante é Peru Abarca (1881), dunha gran riqueza idiomática.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Coñecido como Vicente de Souza, inicou a súa carreira na compañía Chévere, para despois traballar en diversos espectáculos do Centro Dramático Galego como Salomé, A fiestra valdeira e Xelmírez ou a gloria de Compostela. Tamén realizou traballos para Teatro Bruto, Teatro do Aquí e Uvegá Teatro, e para televisión participou en A fiestra valdeira (1994). Traballou nos filmes A rosa de pedra (1999) e Era outra vez (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo mohicano.
-
Individuo do pobo mohicano.
-
Pobo amerindio do grupo algonquino, que ocupou ata o s XVII os vales do alto Hudson, no actual estado de New York.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Foi sacerdote (1819) e un dos precursores do ecumenismo. Na súa obra fundamental, Symbolik (Simbolismo, 1832), abriu o camiño ao modernismo. Das súas obras destaca tamén Die Einheit der Kirche (A unidade da Igrexa, 1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro alemán. Foi profesor no Politécnico de Stutgart. Fixo estudos importantes sobre a técnica da construción e a estática gráfica e é especialmente coñecido polo seu método de representación gráfica denominado círculo de Mohr.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga neerlandesa. Autora de traballos sobre o latín cristián, a partir de 1939 dirixiu a colección Latinitas Christianorum Primaeua. Fundou xunto con J. Quastena a colección Stromata Patristica et Mediaeualia (1950) e foi cofundadora da revista Vigiliae Christianae (1974). Da súa produción destaca Die Sondersprache in den Sermones des hl. Augustin (1932), Studien zur Syntax der Briefe des hl.Cyprian (1936), coa colaboración de Schrijnen, e L’ordinaire de la messe (1953), con B. Botte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que anda polas feiras e festas, vendendo ou mendigando, e que con aparencia de humildade ten a habilidade de enganar a xente.
-
Persoa que anda en asuntos pouco claros, enganosos e mesmo ilegais.
-
Persoa lacazá e desvergonzada.
-
-
PERSOEIRO
Sacerdote. Coñecido como o Romano, foi apresado por defender o cristianismo e morreu mártir. A súa festividade celébrase o 25 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Estudou no Museo de Historia Natural e na Escola de Farmacia de París. Foi profesor de Toxicoloxía, Química Inorgánica e Farmacia. Conseguiu illar o flúor mediante electrólise e en 1892, inventou un forno eléctrico, o forno de Moissan, que permite fundir óxidos metálicos e que fixo progresar extraordinariamente á industria siderúrxica. Con este forno descubriu o punto de ebulición dos metais coñecidos e como actúan as aliaxes a altas temperaturas. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Química, por ambos os dous descubrimentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carburo de silicio, de fórmula SiC. Cristaliza no sistema hexagonal e a cor varía entre o verde e o negro. Ten dureza 9,5 e peso específico 3,218.
-
PERSOEIRO
Escritora, irmá de Terenci Moix. A súa poesía, na liña vangardista europea, destaca pola utilización da colaxe. Publicou os libros poéticos Baladas para el dulce Jim (1969), No Time for Flowers (1971, Premio Bizkaia de Poesía) e Vals negro (1995). Da súa obra narrativa, que pretende reflectir aquilo que a rodea, destacan Julia (1970), Las virtudes peligrosas (1985) e o libro de relatos De mi vida real nada sé (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Figura destacada do cine sueco, mantivo un nivel de creación independente e foi o punto de contacto dos grandes directores do cine mudo con Alf Sjöberg e Ingmar Bergman. Da súa filmografía destacan Mälarpirater (Os piratas de Mälaren, 1923), Intermezzo (1936), En kvinnas ansikte (Sen cara, 1938, premiada en Venecia) e Trots (O desafío, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Coruxo (Vigo). Fundouna Antonio Costas, sobre o seu morgado, na segunda metade do s XVII. A fábrica orixinal foi alterada e o acueduto do que dispuña quedou partido pola estrada, aínda que nel se conserva inscrita a data de 1770. No terreo consérvase unha fonte cunha figura humana de dúas caras, unha que sorrí e outra que chora.
-
GALICIA
Xornalista. Oficial da Mariña e enxeñeiro de formación, ocupou os cargos de correspondente, delegado, redactor, xefe e subdirector da Axencia EFE en distintos países. Director da publicación de carácter científico Ciencia y Divulgación, foi director na UE do Centro Iberoamericano de Comunicación y Estudios Sociales (CICES) e colaborador habitual en El Correo Gallego e Galicia Hoxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e mestre. Foi conselleiro de Educación e Ciencia na embaixada de España en Portugal e fundador e presidente (1982-1990) do Centro Democrático e Social de Pontevedra, polo que foi elixido deputado ao Congreso de los Diputados (1986-1989). Foi director do Instituto Cervantes en Rio de Janeiro e ten publicados diversos artigos de crítica literaria sobre Torrente Ballester, Kafka ou Umberto Eco.
VER O DETALLE DO TERMO