moinante -ta

moinante -ta

(< moina)

  1. s

    Persoa que anda polas feiras e festas, vendendo ou mendigando, e que con aparencia de humildade ten a habilidade de enganar a xente.

    Ex: Xa está o moinante a voltas cos xogos de cartas.

  2. s

    Persoa que anda en asuntos pouco claros, enganosos e mesmo ilegais.

    Ex: Non te fíes dese amigo que é algo moinante.

  3. s

    Persoa lacazá e desvergonzada.

    Ex: Casou cun moinante que non dá pancada.