"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • REXIÓNS

    Rexión do N de Europa, dividida entre Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia, con límites de difícil definición. As montañas, de orixe caledoniana, están moi erosionadas e a costa está seccionada por profundos fiordes. Abundan os lagos morénicos, como o Inari. Os ríos que desembocan no mar de Noruega e no Océano Ártico son de curso breve e rápido, mentres que os do Báltico son máis longos e caudalosos, como o Kemi e o Muonio, ricos en salmóns e troitas. As temperaturas son inferiores aos 0°C durante seis ou sete meses. O inverno é longo e o sol está por debaixo do horizonte. O verán é curto e o sol loce continuamente de maio ata mediados de xullo. As precipitacións son moderadas, pero a neve cobre o solo algúns meses. O N está cuberto de tundra, e o S de bosques de coníferas. Só nos vales cultivables (patacas e forraxe) ou con rabaños de bovinos hai establecementos permanentes, así como nos centros mineiros e comerciais. O principal recurso da rexión son os xacementos de ferro das montañas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á etnia lapónida.

    2. Individuo da etnia lapónida.

    3. Etnia do grupo leucodermo con algunhas afinidades co grupo xantodermo. Moitos antropólogos non o aceptan e admiten que os seus individuos pertence de feito á etnia alpina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e presidente do FC Barcelona. Licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona, é membro ilustre do Colegio de Abogados de Barcelona e socio fundador e titular do bufete Laporta & Arbós, Advocats Associats. Tamén é profesor colaborador da Facultade de Arquitectos Técnicos da Universidade de Barcelona. Un dos principais opositores a Núñez e Gaspart, anteriores presidentes, é elixido presidente do FC Barcelona en xuño do 2003, renovando no cargo no verán de 2006. Ten especial interese na imaxe que transmite o equipo, mediante política “Tolerancia cero” inténtase erradicar a violencia asociada ao fútbol. Durante a súa presidencia, o club ten obtido numerosos títulos entre os que figuran o da Liga, Copa de Campións e Copa do Rei na temporada 2008/9.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Catedrático de farmacoloxía das facultades de medicina de Cádiz, València e da Universidade Autónoma de Barcelona, da que foi reitor (1976-1980), foi conselleiro de Sanidade (1980-1987), membro de numerosas sociedades científicas e do consello de redacción de diversas revistas especializadas. Publicou numerosos traballos sobre temas variados, especialmente relacionados coa farmacoloxía do sistema nervioso vexetativo, do sistema hormonal tiroideo e dos efectos das drogas, este reflectido na obra Les drogues (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do lääni de Kymen, Finlandia, (58.401 h [2001]), situada á beira do lago Saimaa, na fronteira meridional con Rusia. É o centro industrial e turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mecanismo que, aplicado a un tear, permite obter efectos de bordado nos tecidos.

    2. Tecido que se obtén con este mecanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roupa de fío ou de la coa que se recobre o rolete central das máquinas de estampar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, anuais e perennes, da familia das asteráceas, que presentan follas ovadas e flores en capítulo. A este xénero pertence a herba dos peitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristiáns que nos ss III e V negaban a súa fe por medo ás persecucións. Ao multiplicarse os desfalecementos, particularmente por mor da persecución de Decio entre 250-251, foi aceptado, por influencia de Cebrián, que os lapsi fosen readmitidos na Igrexa despois dunha seria penitencia. Os intransixentes opuxéronse e con Novaciano fundaron unha igrexa cismática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erro que se comete por inadvertencia ou distracción.

    2. Espacio de tempo transcorrido entre dous momentos ou acontecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que designa un erro que se comete ao escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina coa que se denomina un erro que se comete ao falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Ártico, o máis extremo deste, situado no litoral de Rusia, entre a península de Tajmyr e as illas Severnaja Zeml’a, no O, e as Novosibirsk, no L (70.000 km2). A maior parte do ano está xeado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Cebu, Filipinas, situada na rexión de Visayas Central (146.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ladrón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caldo que leva fariña milla para darlle espesor.

    VER O DETALLE DO TERMO