Laporta i Estruch, Joan

Laporta i Estruch, Joan

Avogado e presidente do FC Barcelona. Licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona, é membro ilustre do Colegio de Abogados de Barcelona e socio fundador e titular do bufete Laporta & Arbós, Advocats Associats. Tamén é profesor colaborador da Facultade de Arquitectos Técnicos da Universidade de Barcelona. Un dos principais opositores a Núñez e Gaspart, anteriores presidentes, é elixido presidente do FC Barcelona en xuño do 2003, renovando no cargo no verán de 2006. Ten especial interese na imaxe que transmite o equipo, mediante política “Tolerancia cero” inténtase erradicar a violencia asociada ao fútbol. Durante a súa presidencia, o club ten obtido numerosos títulos entre os que figuran o da Liga, Copa de Campións e Copa do Rei na temporada 2008/9.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona