"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Economista ruso. Foi membro do comité central do PCUS, do que foi separado en 1921, por defender as teses de Trostki. Teórico da Revolución Rusa, propuxo investigar que lei económica presidía o desenvolvemento da economía de transición na URSS, que o levou a elaborar o concepto de acumulación socialista primitiva. Morreu executado. Escribiu Novaja Ekonomija (1926) e, con N. I. Bukharin, Bukvar’ Kommunizma (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e editor. Foi corrector da Tragicomedia de Calisto y Melibea, de F. de Rojas. En València dedicouse ao tratamento das edicións de R. Llull de 1506 a 1515: catro volumes, prólogos, cartas, dedicatorias, poesías, en parte escritas por el, e un Index librorum Raymundi Lullii (1515), primeiro catálogo do estilo publicado na Península. Algunhas das súas poesías apareceron na reedición do Cancionero General (1520), de Hernando del Castillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que mostra falta de respecto ou pudor, especialmente referido ao aspecto sexual.
-
PERSOEIRO
Pintor checo. Membro do grupo Osma, desenvolveu o estilo expresionista desde 1907 e o cubista desde 1910 e conservou sempre o colorido fauve. Influído por El Greco, caracterizouse pola desmaterialización do volume e o simbolismo interno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Esexeta palestino. Representante da escola de retóricos cristiáns de Gaza, os seus traballos bíblicos adoitan ser extractos dos mellores esexetas: Filón, Oríxenes, Basilio ou Teodoreto de Ciro. Escribiu diversas obras retóricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de estrutura química similar á da clorpromazina, coas as mesmas indicacións e dosificación, pero sen o átomo de cloro,
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de cor branca, inodora e pouco estable no aire. O seu clorhidrato é soluble en auga. É un antihistamínico e un antianafiláctico. OBS: Tamén se coñece como fenergan.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi un dos directores máis destacados da época prerrevolucionaria, especialmente na comedia e en filmes de aventura. Das súas numerosas producións cómpre salientar Vojna i mir (Guerra e paz, 1915), Otec Sergej (O padre Sergej, 1918) e Bespridannica (Sen dote, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia (31.400 km2; 4.506.151 h [1999]). Comprende os departamentos de Altos Alpes, Alpes da Alta Provenza, Alpes Marítimos, Bouches-du-Rhône, Var e Vaucluse. A súa capital é Marsella.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao NL de Morón de la Frontera e regado polo río Corbones (10.518 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De familia emigrante, entre 1946 e 1950 a súa vida transcorreu entre La Habana, EE UU, onde estudou, e Canadá. Co regreso da familia a Galicia, estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1950-1959). En 1962 trasladouse a Bournemouth (Inglaterra) para estudar socioloxía. Interesado polo deseño, as artes decorativas e a arquitectura do Movemento Moderno, viaxou por diversos países de Europa ata que en 1963 se instalou en Madrid e iniciou os estudos de arquitectura que, ao cabo de dous anos, abandonou pola pintura, completando catro anos de formación na Escuela de Artes Decorativas de Madrid. De clara vocación modernista, distinguiuse polo seu realismo subxetivista de raíz romántica e evocadora. Os seus retratos (María Sánchez Vigo, 1975; Rogelio Puente Matalobos, 1975) caracterizáronse por un certo aire de nostalxia e melancolía. Gustou de representar os ambientes que coñeceu durante as súas viaxes, especialmente aqueles cheos de espellos e vidreiras...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi agresivo e amosa tendencias ao enfrontamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restos de palla e po dos cereais que voan ao peneiralos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 18.5.1925) Asesor de comunicación. Técnico directivo de comunicación e relacións públicas e de radiotelevisión e diplomado en protocolo, foi xefe de Protocolo e Relacións Públicas do concello de Santiago de Compostela e asesor de protocolo do presidente da Xunta de Galicia e do Consejo Superior de Comunicación e Relaciones Públicas de España. Escribiu Guía de protocolo (1985) e Ceremonial y protocolo (1990). Recibiu a encomenda de número da Orden al Mérito Civil e a Cruz Oficial da Orden de Isabel la Católica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
puñado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Punxín. Ten dúas plantas en forma de L, cun patio inscrito, que se limita polo propio edificio, e no que se sitúa un xardín. Conserva o muro de peche e unha inscrición de 1663. O escudo da fachada alude aos Jáudenes, Sarmiento, Bárcena, Somoza, Figueroa e Barrio.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Mateo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ostān de Qazvīn, Irán (291.117 h [1996]). Situada nunha ampla e fértil chaira, ao pé da vertente meridional do macizo de Elburz, ten industrias téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (15.491 km2; 1.046.606 h [estim 2001]). A súa capital é Qazvīn.