"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de Santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santo Estevo de Chouzán (Carballedo). Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Grixoa (Viana do Bolo). Ten planta rectangular con patio interior ao que se accede por unha escaleira exterior ata a solaina, disposta en escuadro. Ten capela exenta, pombal, fonte e outras construcións adxectivas. Está pechado por un muro baixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda inglesa de prata cun valor de catro peniques, que comezou a cuñarse en 1351. Empregouse ata o reinado de Carlos II (1660-1668).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar estreito e profundo que aparece nun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra e banda. Estudiou composición e dirección de orquestra e fundou, dirixiu e foi titular da orquestra e coro da Comunidad de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Madrid. Entre outras agrupacións, dirixiu a Banda La Unión de Guláns e a Banda Municipal de Pedro Muñoz (Ciudad Real), e dirixiu varias corais, como a Coral Rosalía de Castro do Centro Gallego de Madrid e a Coral de la Universidad Complutense de Madrid. Autor de pezas instrumentais, comedias musicais e obras para coro, da súa produción destaca Pequeño vals, Amanecer, A miña aldea e Rapazas da Cruña. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Cultura 2000 da Comunidad de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor, músico e director. Do seu tío Eduardo Groba e de Secundino Vidal recibiu as primeiras leccións de solfexo e de frautín, aos trece anos foi solista deste instrumento na banda La Unión de Guláns e en 1947 director da mesma. Ampliou estudios en Vigo con Mónico García de la Parra e en Madrid no Real Conservatorio, onde foi discípulo de José Forns, Conrado del Campo e Daniel Bravo, e complementariamente asistiu a clases con Benito García de la Parra. En 1953 foi director da Banda Municipal da Estrada e, xunto con Xosé Docampo Vázquez, fundou a Masa Coral Estradense. En 1956 ingresou no Corpo de Directores de Bandas de Música Civís e en 1959 rematou os estudios no Real Conservatorio de Madrid e obtivo o título de profesor de composición. Dirixiu a Banda Municipal de Tui, a de Ponteareas e a de Pedro Muñoz (Ciudad Real), e o Coro Rosalía de Castro do Centro Gallego de Madrid. En 1962 trasladouse a Suíza e gañou por oposición o cargo de director da Société de Musique de Perroy e o do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse co pintor catalán J. Marcé. As súas primeiras obras, principalmente paisaxes, caracterizáronse polo emprego de tons puros, planos e intensos, ás veces impresionistas. Desde 1994 cobrou máis importancia o elemento en particular, sobre o conxunto da paisaxe, e a cor, que se converteu na protagonista do lenzo. Empregou os tons intensos e rechamantes, azuis, vermellos, amarelos, verdes ou morados. Realizou exposicións en Galicia, Catalunya e Portugal, e participou, entre outras mostras colectivas, na IX e X Mostra de Pintura e Escultura do Morrazo (2001-2002), no 38 Certamen de Artes Plásticas San Isidro (Madrid, 2001) e na Feria de Arte Independente de Madrid (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o I Premi Surrealisme Federació Internacional d’Artistes Plàstiques (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa do SO da Comunidade Autónoma de Galicia, que se estende entre os concellos de Baiona, Oia e O Rosal. O seu cumio constitúeno os 663 m do alto da Groba, que serve de límite ás parroquias de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia). A característica máis peculiar da serra da Groba é a súa proximidade á liña de costa, da que a separa unha rasa estreita de menos de 1 km de largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Grobas (Melide). Pertenceu a Munio Peláez, conde de Monterroso e xenro de Pedro Froilaz de Traba, e foi unha das fortalezas destruídas por Xelmírez. Posteriormente, foi arrasado durante a Revolta Irmandiña de 1467. Declarárono Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista alemán. Profesor na Universidade de Estrasburgo, fundou a Zeitschrift für romanische Philologie (a partir de 1877). Dirixiu a publicación de Grundriss der romanischen Philologie (1888-1902 e 1904-1906). De formación neogramática, Gröber tamén estudiou a historia da disciplina e interesouse particularmente polo fenómeno da diferenciación do latín en diversas falas (Vulgärlateinische Substraten Romanischer Wörter, 1884-1892) e polo antigo provenzal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Huig van Groot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘caldo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante de cómics e produtor de televisión. Comezou a publicar en 1980 a tira cómica Life in Hell e, baseados nela publicou, entre outros libros, School in Hell. En 1986 comezou a colaborar no programa de televisión The Tracey Ullman Show cunha curtametraxe animada protagonizada pola familia Simpson que, en 1989, tivo a súa propia serie The Simpson. Tralo éxito da mesma, creou en 1993 Bongo Comics Group en que editou os cómics Simpson Comics, Radioactive Man, Bartman e Itchy & Scratchy Comics, ademais de numerosos libros sobre os Simpson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Groenlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Groenlandia.

    3. Variante do inuit, que se fala en Groenlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da rexión polar ártica (2.175.600 km2; 55.986 h [estim 2001]). A capital é Nuuk, tamén chamada Godthåb (14.042 h [2001]). Depende administrativamente de Dinamarca.
    Xeografía
    Ó O está separada dos territorios árticos americanos polo estreito de Baffin e limita ao L e ao N co mar de Groenlandia e o Atlántico Norte, respectivamente. Ten forma alongada e esténdese no sentido da latitude, do cabo Morris Jesup, ao N, ao cabo Farvel, ao S. Desde o punto de vista estrutural, forma parte estrita do escudo laurentiano. Unha depresión tectónica divide a illa en dous altiplanos principais, un ao S e outro ao N, cubertos desde o Cuaternario por unha masa de xeo, que se estende aproximadamente polo 85% do territorio, formando un vasto inlandsis. As zonas costeiras libres de xeo presentan os accidentes típicos da erosión glacial con fiordes. O territorio acada altitudes superiores aos 3.000 m; a máxima altitude é o Gunnbjørn Fjeld (3.700 m)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar situado ao L de Groenlandia, que limita ao N co Ártico, ao S polo estreito de Dinamarca (entre Islandia e Groenlandia), e ao L polas illas Svalbard.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao boxeador que se encontra en estado de atordamento e próximo á situación de fóra de combate.

    2. Que ten atordados os sentidos e o entendemento.

    VER O DETALLE DO TERMO