Grobas, castelo de

Grobas, castelo de

Situado en Grobas (Melide). Pertenceu a Munio Peláez, conde de Monterroso e xenro de Pedro Froilaz de Traba, e foi unha das fortalezas destruídas por Xelmírez. Posteriormente, foi arrasado durante a Revolta Irmandiña de 1467. Declarárono Ben de Interese Cultural en 1994.

Palabras veciñas

Groba Pérez, Mercedes | Groba, serra da | Grobas | Grobas, castelo de | Gröber, Gustav | Grocio, Hugo | grode