"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Franciscano. Foi profesor de Moral en Toro, Oviedo, A Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Desempeñou diversos cargos en Benavente e Santiago de Compostela e foi procurador xeral da orde en Roma. Publicou Postulatio facta Sanctissimo Domino nostro Benedicto papae XIV (1751) e Ven. P. et Doct. Joan. Duns Scoti Ordinis Minorum, Theologi eminentissimi, atque Academiae Subtilium antesignani (1754), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Foi tamén guionista, asistente de dirección e actor ocasional. Un dos seus filmes máis coñecidos é Osso, amor e papagaio, codirixido por César Memolo en 1956, unha sátira baseada na obra de Lima Barreto. Realizou tamén O mundo alegre de Helô (1966), Jerry, a gran parada (1967), As alegres vigaristas (1974) e Un marido contagiante (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1908 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. En 1918 xa era capitán e ingresou no Estado Maior. Comandante do Estado Maior (1919) foi agregado militar nas embaixadas de París, onde ampliou os seus estudios na escola Superior de Guerra, na de Bruxelas e nas legacións de Berna e A Haia. Ao iniciar a Guerra Civil abandonou os seus cargos, situouse no bando franquista e foi nomeado xefe de operacións do estado maior das tropas que tomaron Badajoz e Toledo. En 1937 ascendeu a coronel por méritos de guerra. Ao rematar a guerra volveu a París ata 1943, data na que ascendeu a xeneral de brigada, foi segundo xefe do Estado Maior Central ata 1947 en que ascendeu a xeneral de división e foi designado gobernador militar de Sevilla. En 1951 foi gobernador militar do Campo de Gibraltar e en 1983 titular da Capitanía Xeral de Granada. En 1955, co grao de tenente xeneral, foi nomeado director da Escola Superior do Exército e, en 1956, xefe da Casa Militar do Xefe do Estado. En 1957 foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Representante do Expresionismo, estaba en contra de todo dogmatismo. Proxectou moitas igrexas entre as que salientan a Stahlkirche, en Colonia (1928), a Auferstehungskirche, en Essen (1930). Realizou tamén capelas evanxélicas con estruturas de madeira prefabricadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, musicólogo e pianista. Dende 1894 estableceuse en Pozsony, actual Bratislava, onde realizou estudios musicais. Como compositor, foi influído nos seus comezos por Brahms e Liszt, pero no despregamento da súa personalidade musical o papel decisivo correspondeulle ao coñecemento profundo da música folclórica, labor de investigación que realizou xunto con Zoltán Kodály a partir de 1905 e que sería decisivo na súa obra, sobre todo dende o ano 1926. Realizou un uso libre do total cromático e introduciu unha sólida forza estruturadora tonal, sen aceptar, sen embargo, un método ríxido. As súas obras máis destacadas son: a ópera nun acto A kekszakállu Herceg Vára (O castelo de Barba Azul, 1911); o ballet A Csodálatos mandarin (O mandarín milagroso, 1919); Tanz Suite (Suite de danza, 1923), composta co gallo da celebración do 50 aniversario da unión das cidades de Buda e Pest; a colección de exercicios pianísticos Mikrokosmos (Microcosmos, 1926-1939)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito italiano. Foi o iniciador, no seu país, do método histórico da investigación da literatura. É autor de I primi due secoli della letteratura italiana (Os primeiros dous séculos da literatura italiana, 1870-1879) e de Storia della letteratura italiana (Historia da literatura italiana, 1878-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, historiador e escritor italiano. A súa obra principal é Istoria della Compagnia di Gesú (Historia da Compañía de Xesús, 1653 -1675), baseada nos documentos existentes na biblioteca do Vaticano. Foi defensor de Galileo, logo da súa condena. Está considerado como un dos clásicos italianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano, mestre da Universidade de Turín (1907), promotor do Atlante Lingüístico italiano, e representante da neolingüística ou lingüística espacial. É o autor de Breviario di neolingüística (Breviario de neolingüística, 1925), en colaboración con Giulio Bertoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade pasteleira propia de Madrid semellante a unha empanadiña rectangular enchida dunha crema pasteleira. Frítese en aceite de oliva moi quente, de xeito que queda dourado e inchado, e preséntase con azucre e canela. O seu consumo realízase preferentemente en quente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Reaccionou contra o Neoclasicismo do seu mestre Jacques-Louis David. Traballou para Napoleón e fíxolle numerosos retratos. É autor de numerosos bustos como os de Lord Byron, Thiers ou Liszt, e do grupo Caritá educatrice (Caridade educadora, 1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto italiano. Foi profesor de Dereito Romano en Boloña, Pisa e Perugia. Participou na redacción da Bula de Ouro de Carlos IV de Alemaña. Son coñecidos os seus tratados De represaliis, De tyrannia, De regimine civitatis, entre outros. Influíu notablemente na xurisprudencia aragonesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, da familia dos Battilori. Seguidor dos Lorenzetti, é autor dos frescos da colexiata de San Gimignano (1367).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formado na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona, traballou en Santiago de Compostela dende a década dos anos sesenta, onde formaba equipo con Carlos Almuíña Díaz e Rafael Baltar Tojo. Nesta cidade recóllese gran parte da súa obra: edificio dos xulgados de Santiago, subestación de Fenosa da rúa Galeras, Pavillón do colexio Peleteiro, etc. Interveu tamén en proxectos de rehabilitación e restauración do núcleo histórico compostelán: a rehabilitación do Teatro Principal e do Salón Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Catedrático en Lingua Grega e Latina, entre as súas obras destacan Gramática latina arreglada a las varias clases de esta asignatura en los Institutos y conforme a los programas y leyes de enseñanza vigentes (1859) e Epítome de la Literatura griega y latina (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid (1871-1874) e na Escola Superior de Diplomática (1876-1877 e 1880-1881). Foi director do Museo Pedagógico Nacional (1883-1929), o primeiro catedrático de Pedagoxía en España (1904), conselleiro de Instrución Pública (1921) e presidente do padroado de Misiones Pedagógicas (1931). Foi o principal discípulo de Francisco Giner de los Ríos, fundador da ILE (Institución Libre de Enseñanza), e o principal defensor dos plans que Giner trazara para a reforma da educación e da sociedade española, participando, por exemplo, na Fundación Sierra-Pambley ou na Escuela-Asilo Sotés. Tivo unha forte vinculación coa sociedade e cultura galega a través da súa esposa Carmen López-Cortón Viqueira. A partir de 1890, e acompañado frecuentemente por Francisco Giner e outros profesores institucionistas, pasou os veráns na casa grande de San Vitorio en Vixoi (Bergondo), e influíu nas primeiras experiencias de colonias de vacacións escolares en Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido polo pseudónimo Baccio della Porta. Formouse á beira de Cosimo Roselli. No ano 1494 montou o seu obradoiro con Mariotto Albertinelli. Influído por Savoranola, ingresou na orde de San Domingos (1500) e, tralo seu retiro a San Marco de Florencia, puxo a súa obra ao servizo da relixión. A súa arte adoitou unha forma clásica, influída polo sfumato de Leonardo e a harmonía de Rafael. Contribuíu a fixar a tipoloxía da Virxe e entre as súas obras salientan: Aparición de Deus a santa Caterina e santa Margarida e Os desposorios místicos de santa Catarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Domenico Veneciano (Venecia 1405 ? - Florencia 1461) Pintor. Traballou en Perugia e en Florencia, onde se estableceu definitivamente. Pintou unha serie de frescos para a igrexa de Sant’Egidio de Florencia axudado por Piero della Francesca. A súa obra caracterízase por unha gran luminosidade, polo perfecto estudo da perspectiva e da ambientación da paisaxe e polo colorido suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Discípulo de Joseph Wagner (1745) en Venecia. Enriqueceu a técnica do gravado coa innovación do punteado. En Inglaterra (1764), figurou entre os fundadores da Real Academia e foi gravador de Xurxo III. En 1802 trasladouse a Lisboa onde foi director da Academia de Belas Artes. Foi membro fundador da Royal Academy.

    VER O DETALLE DO TERMO