"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Primeira recompilación do dereito castelán, realizada por Alonso Díaz de Montalvo, por orde dos Reis Católicos en 1484. Coñecida tamén como Ordenamiento Real ou Ordenamiento de Montalvo, componse de oito libros divididos en títulos e leis. Compila as leis e ordenamentos de Cortes, dados a partir do Ordenamiento de Alcalá, as pragmáticas e ordenanzas reales e algunhas disposicións vixentes do Fuero Real. Contiña diversos erros e omisións e non resolveu o atomismo da lexislación castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estrutura propia do oído externo dos mamíferos, que serve para percibir cunha maior eficacia os sons. Está formada por tecido cartilaxinoso e conxuntivo, a maneira de embude de forma máis ou menos oval e coa superficie interna sucada de pregaduras, orientados de tal maneira que ao rebotar as ondas sonoras contra eles, diríxenas cara ao orificio auditivo externo.

      2. Sentido do oído.

      1. Aquilo que ten forma ou se parece a unha orella.

      2. Doce tradicional de Entroido que se elabora con fariña, ovos, azucre, manteiga, anís e limón e ao que se lle dá forma de orella.

      3. Apéndice lateral dun recipiente, sen perforar, que serve para agarralo.

      4. Cada unha das dúas pezas metálicas ou de madeira en forma de aletas que, a un e outro lado da rella do arado tradicional, serve para anchear o suco e para voltear a herba.

      5. Parte do zapato que serve para axustalo á empeña.

      6. Parte saínte a cada lado do respaldo dunha cadeira ou sofá en que se pode apoiar a cabeza.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de María Xosé Queizán publicada en 1965. Adscrita á Nova Narrativa Galega, está moi próxima ás liñas marcadas polo Nouveau Roman e o obxectalismo. A obra pode considerarse como un gran monólogo interior, fundamentado na técnica narrativa e na propia estrutura do libro. A autora constrúe un relato circular en que predomina a descrición, levada ata límites insospeitados, cunha nula presenza da acción no transcorrer do libro. A obra está dividida en tres capítulos, que se caracterizan polos cambios espaciais e de narrador. Aínda que inserida nos parámetros da Nova Narrativa, discorda dos mesmos pola presenza dun protagonista humano que se caracteriza por unha biografía e por certos trazos psicolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá coa man na orella.

    2. Tirón de orellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. orelludo.

    2. peixe lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, delimitado ao S polo Guadiana, onde se forma o pantano homónimo (3.093 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e no aproveitamento de materiais para a construción. Destaca un palacio do s XIV, restaurado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Marchou para América en 1528 e en 1541 uniuse á expedición de Francisco Pizarro no Amazonas e este mandouno a colonizar Ecuador, onde fundou Guayaquil. Á volta de Pizarro a Quito, percorreu o curso do Amazonas e as costas de Venezuela. En 1545, intentou unha nova expedición a Nueva Andalucía, pero morreu no intento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo que presenta un carpóforo formado por 2 ou 3 pregaduras dispostas á maneira dunha sela de montar, e outras veces adoptan formas máis irregulares, cerebriformes. É de cor gris escura, case negra, ás veces con tonalidades azuladas, mentres que na cara interior o gris é moito máis claro. O pé, ben diferenciado do carpóforo, é ancho, de cor gris ou parda, oco e cunhas grosas costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover as orellas un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor, pai de José Ortega y Gasset. Militou no Partido Conservador e foi deputado polo distrito de Bande (1879-1881). Foi director e propietario de El Imparcial e máis tarde promotor do diario El Sol, conducido intelectualmente polo seu fillo. Cultivou a novela, o teatro e as narracións de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurisconsulto. Foi membro do Partido Conservador e ministro de Fomento (1919). Non apoiou a Ditadura de Primo de Rivera, demandou a abdicación de Afonso XII e foi deputado nas Cortes Constituíntes da Segunda República (1931); ademais formou parte da comisión redactora do anteproxecto da nova constitución. Durante a Guerra Civil Española foi embaixador en Bruxelas, en París e en Bos Aires. No exilio, formou parte do goberno Giral como ministro sen carteira (1945-1947). Das súas obras destacan Historia del pensamiento político catalán durante la guerra de España con la República Francesa (1913) e Mis Memorias (1946). Foi presidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (1928-1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento armado entre as forzas de Hernán Cortés e os aztecas que tivo lugar na chaira de Otumba, México, o 7 de xullo de 1520. Pese á superioridade numérica dos indios, Cortés impuxo a súa estratexia e desfixo o exército inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence á serra do Xurés, situado na parroquia de Río Caldo (Lobios). O seu cumio acada os 1.330 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero artiodáctilo ruminante, que presenta corpo robusto e redondeado, cuberto de la de diferente cor, lonxitude e finura, dependendo das razas, que só deixa espido o fociño e as patas. As extremidades son finas e relativamente longas, e o rabo, se ben varía moito segundo as razas, é longo. Os machos ou carneiros de moitas razas teñen cornos curvos, de medidas diversas. A ovella domesticouse dentro do período neolítico nas zonas mais occidentais de Oriente Próximo e tivo unha rápida expansión en toda a conca mediterránea e no continente europeo. O éxito desta incorporación dáse na interrelación destes animais co ciclo agrícola (nas tarefas de mantemento, de desmonte, aproveitamento do esterco, alimentación en produtos agrícolas secundarios: malas herbas ou a palla do cereal). A chegada da ovella doméstica á Península Ibérica debeu ocorrer hai uns sete mil anos e, aínda que procedía de Asía, chegou desde África ao val do Guadalquivir ao estar a Península Ibérica unida ao continente africano...

      2. ovella galega

        Raza típica de Galicia, que procede da subespecie Ovis aries ibericus, cuxas características máis importantes son: prolificidade (elevada porcentaxe de partos múltiples), fertilidade (gran facilidade para a reprodución), rusticidade (moi adaptada a sobrevivir en condicións desfavorables e facer uso de diferentes fontes de engorde), lonxevidade (longa vida produtiva) e moi bos caracteres maternais. Esta raza agrupa a animais de pequeno tamaño, de proporcións ben equilibradas, con moita la de cor branca e dedicados á produción cárnica (acadan entre os 9 e 12 kg/canal aos cinco meses de vida). Está ameazada pola introdución nos rabaños de sementais de razas cárnicas máis pesadas e a recría posterior destes mestizos, co que a raza se vai perdendo pouco a pouco. No censo de 1999 existían en galicia uns 800 exemplares. A existencia de rabaños con total pureza é escasa, xa que non se atopan sementais que eviten a elevada consanguinidade. Aínda se conserva nos montes de Ourense, en Nogueira de...

    1. Membro do pobo de Deus, simple fiel. A imaxe esta extraída da parábola do bo pastor e foi tema de pinturas e esculturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SL da parroquia das Maus de Salas (Muíños). O seu cumio acada os 840 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rabaño de ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que semella la ou algodón, especialmente o ceo con nubes. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ceo ovellado, aos tres días mollado”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercadorías que os tripulantes dunha embarcación poden embarcar sen pagaren frete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da co-marca de Allariz-Maceda, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-N da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 16’ latitude N e 7° 44’ lonxitude O. Limita ao N cos concellos do Pereiro de Aguiar e Esgos (comarca de Ourense), ao L co de Maceda (comarca de Allariz-Maceda), ao S cos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas (comarca de Allariz-Maceda) e ao O cos de San Cibrao das Viñas e Taboadela (comarca de Ourense) e Allariz (comarca de Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 38,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.605 h (2007) distribuídos nas parroquias de Cantoña, Coucieiro, Figueiredo, Figueiroá, Golpellás, Paderne, San Lourenzo de Siabal, San Salvador de Mourisco, San Xes e Solbeira. A capital do concello é Paderne de Allariz, localizada a 16 km ao L da cidade de Ourense e a 127 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense (e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física...

    VER O DETALLE DO TERMO