orella no buraco, A
orella no buraco, A
[LIT]
Novela de María Xosé Queizán publicada en 1965. Adscrita á Nova Narrativa Galega, está moi próxima ás liñas marcadas polo Nouveau Roman e o obxectalismo. A obra pode considerarse como un gran monólogo interior, fundamentado na técnica narrativa e na propia estrutura do libro. A autora constrúe un relato circular en que predomina a descrición, levada ata límites insospeitados, cunha nula presenza da acción no transcorrer do libro. A obra está dividida en tres capítulos, que se caracterizan polos cambios espaciais e de narrador. Aínda que inserida nos parámetros da Nova Narrativa, discorda dos mesmos pola presenza dun protagonista humano que se caracteriza por unha biografía e por certos trazos psicolóxicos.