"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Mariño. Capitán da Mariña Mercante, oficial da Reserva Naval Española e subdelegado marítimo de Pesca en Sevilla, Ribeira e A Coruña (1933-1936). Técnico pesqueiro na secretaría de Agricultura, Industria y Trabajo de la República Dominicana e do Ministerio de Agricultura y Cría de Caracas (1941), foi membro da Sociedad Venezolana de Ciencias Naturales e do American Museum of Natural History. Publicou Biología de la merluza. Sus variedades étnicas y sexuales. Su pesca, Los clupeidos. Clupea. La sardina. Sus variedades étnicas y sexuales. Su pesca. Su industrialización (1945), Las tortugas del Orinoco (1945) e La cuna gallega de Cristóbal Colón (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor, fillo de Tomé María Mosquera García. Foi deputado polo Carballiño en 1886. Publicou diversos poemas no xornal El Heraldo Gallego, entre os que destacan “Anacreóntica al uso”, “El conde Fullero” e “La calabaza”. En 1884 estrenou o monólogo dramático Antes del baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Publicou Legitimidad de la Reina de españa Dª Isabel II de Borbón (1855) e diversos tratados didácticos, como Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico y en gran parte mecánico (1864),   Redutor métrico y dicionario metrológico en español, inglés y norteamericano (1873) e Redutor métrico (de tipos y precios), seguido de un dicionario metrológico (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Obtivo o título de frauta no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Foi membro fundador de distintos grupos musicais, como Talea (1986), e da Asociación Galega de Compositores (1987). Da súa produción destacan obras como a música para a obra dramática Edipo Rei (1983), Fotosíntese (1985), Plaint for García Lorca (1986) ou Tres pezas para quinteto de vento (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar colombiano. Candidato conservador, foi elixido presidente da república (1845-1849) e contribuíu á penetración económica de EE UU. Rompeu co Partido Conservador e, como representante do liberalismo radical, obtivo o poder (1861). Foi elixido presidente constitucional (1863-1864) e reelixido en 1866, pero enfrontouse cos liberais e foi derrocado (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Traballou para Margarida de Austria (1480-1530) e acompañouna durante as súas viaxes, facendo retratos dos seus cortesáns, nos que incluía elementos simbólicos e arquitecturas renacentistas. Tamén cultivou a pintura relixiosa. Da súa obre destaca Paisaxe das Indias Occidentais (1525-1530).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bóveda. De estilo barroco, seguramente foi construída a finais do s XVII. Ten nave rectangular. No seu interior destaca o retablo barroco, cunha inscrición que o data en 1701. No presbiterio atópase unha lápida sepulcral, na que se mostra o escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ramirás. Pertenceu ao antigo mosteiro de San Pedro de Ramirás. Datado no s XI como mosteiro familiar, a primeira referencia documental é de 1017, cando recibiu a primeira doazón. En 1137 converteuse en mosteiro de monxas bieitas, despois substituídas por clarisas, e en 1499 anexionouse a San Paio de Antealtares. A igrexa, construída entre os ss XII e XIII, de transición do románico ao gótico, ten planta basilical de tres naves da mesma altura con cuberta de madeira e separadas por piares con arcos apuntados. A cabeceira fórmana tres ábsidas semicirculares, con bóveda de canón. Na fachada do templo destacan tres portadas decoradas con arquivoltas e a principal, franqueada por dous contrafortes, ten arcos superpostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave rectangular. No interior destaca o retablo barroco da ábsida e os neoclásicos dos laterais, labrados estes por López de Cerceda cara a 1870. A portada principal presenta dobre arquivolta e tímpano liso, rodeado por mochetas con figuras de monstros. Sufriu reformas no s XVIII, nas que se engadiu a sancristía e a espadana que acolle o campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de Teatro organizado pola Agrupación Cultural Xiria en Cangas do Morrazo desde 1984. Contou na súa dirección coa colaboración de Henrique Harguindey, Xosé Manuel Pazos, Casilda García e María Xosé Mariño. Desde o primeiro momento, os organizadores prestaron especial atención a espectáculos do exterior que dificilmente se podían ver en Galicia, e así pasaron pola Mostra compañías e intérpretes como Teatro de la Danza, Cambaleo, Trapu Zaharra, Teloncillo, A Barraca, Ángel Paulovski, Colombaioni ou Geroa, ademais de colectivos galegos. Tamén se organizaron debates, cursos e outras actividades como exposicións, conferencias e presentacións de revistas e libros, xunto coa organización en 1997, 1998 e 1999, das tres edicións dos Encontros de Reflexión do Teatro de Galicia e o Norte de Portugal (Teatragal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de teatro infantil e xuvenil organizado desde 1984 pola Comisión Mancomunada de Cultura de Concellos da Ría de Ferrol. Organizado en dúas seccións, presentábanse dunha banda traballos de carácter profesional de Galicia e Portugal, fundamentalmente de grupos de teatro de monicreques e obxectos, e da outra os traballos escénicos dos grupos de teatro escolar da comarca, o que supuxo un forte pulo á actividade teatral de escolas e institutos. Alén de cursos, seminarios, conferencias e outras actividades de formación e divulgación, a Mostra tamén organizou un concurso de literatura dramática para a infancia e a mocidade. A principios da década de 1990 comezou a esmorecer e desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Escocia, Reino Unido, que está situada na rexión de Strathclyde e que forma parte da conurbación de Central Clydeside (67.787 h [1991]). É un centro de industria metalúrxica. Motherwell e Wishaw uníronse en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado na Mancha e regado polo río Valdemembras (5.102 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro, con industrias derivadas e serradoiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Estudou na University of Cambridge e foi director do Cavendish Laboratory. Estudou a física das aliaxes metálicas, a estrutura atómica dos metais e os movementos dos electróns, e traballou na colisión de átomos e partículas alfa e cos semicondutores. Foi considerado o creador dunha escola de metalurxia física. En 1977 recibiu, xunto con P. W. Anderson e J. Van Vleck, o Premio Nobel de Física, polos seus traballos sobre as propiedades electro-magnéticas dos sólidos amorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e resistente francés. Alto funcionario do goberno da Front Populaire, ao comezar a Segunda Guerra Mundial adheriuse á Resistencia. Foi detido polas SS en 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador francés. Católico afervoado, ideou o personalismo, movemento que ante a desorde establecida buscou as bases dunha revolución económica e moral á vez. Publicou, entre outras obras, Révolution Personnaliste et communautaire (1934), Qu’est-ce que le personnalisme? (1947) e Feu la Chrétienté (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está moi moreno.

    VER O DETALLE DO TERMO