"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • GALICIA

    Futbolista. Destacou como xogador no R.C. Celta de Vigo, Real Madrid C. F. e C. Atlético de Madrid. Foi campión de Liga co Real Madrid C. F. (1953-1954) e internacional coa selección B (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e enxeñeiro informático. Catedrático da Universidade da Coruña, especializouse en temas relacionados coas neuronas e a intelixencia artificial. En colaboración con outros investigadores e científicos participou na edición de Inteligencia artificial en medicina (1994), Teleinformática (1996), Aplicaciones avanzadas en internet (1999), Nuevas tecnologías y computación avanzada en la ayuda a discapacitados (1999), Realidad virtual y visualización avanzada (1999) e Avances en informática biomédica (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Impulsor da Academy of Fine Arts de Pennsylvania, destacou na representación de personaxes da historia estadounidense, como G. Washington ou B. Franklin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór en funcionamento un mecanismo ao accionar o pedal que lle transmite movemento ou que fai funcionar outras partes.

    2. Andar en bicicleta mediante o impulso dos seus pedais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teclado de pedais do órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de pedalear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de República Dominicana (2.075 km2; 18.054 h [1993]). A súa capital é Pedernales (6.180 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e escritor. Foi catedrático de Xeografía e Historia no Instituto de Pontevedra e de Historia de España na Universidad Central de Madrid. Contribuíu á fundación da Real Sociedad Geográfica de España e publicou Programa de la Historia crítica de España, La oratoria e Destino geográfico de la Península española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre castelán, avó do marqués de Santillana. Fiel a Pedro I o Cruel, desde 1366 serviu a Enrique II de Castela e despois o seu sucesor Xoán I. Ao entrar este en Portugal en 1383 foi nomeado rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1011? - 1046) Rei de Hungría (1038-1046), fillo de Ottone de Orseolo, duque de Venecia, e de María, irmá de Estevo I de Hungría. Sucedeu a este pero foi expulsado do país polos pagáns (1041). En 1044 recuperou o poder pero asasinárono os partidarios do seu sucesor André I de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia de Nogueira (Ribas de Sil). O seu cumio acada os 1.125 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Carteire (Palas de Rei). De orixe medieval, pertenceu a Xoán López Pardo Andrade en 1585.Ten planta rectangular e irregular adaptada ao cumio rochoso que lle serve de chan. Realizada en cachotaría e cantaría de granito, conserva dous escudos no interior. Ten unha capela de planta rectangular con cuberta a dúas augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo de labor con pouca profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a cinco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, bañado polo río Tajuña, que está situado na Alcarria de Alcalá (2.107 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Ten máis de 450 cancións rexistradas como compositor, das que destacan “Marinero de Luces”, “Por qué te vas”, “Y cómo es él?”, “Un velero llamado Libertad” ou “Amor sin límites”. Da súa discografía cómpre salientar Que canten los niños (1986), Gente maravillosa (1993) e Personalidad (2002). Recibiu máis de 100 discos de ouro e platino e un Premio Amigo (2001) pola súa traxectoria artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Ciencias Económicas, especializouse na investigación dos movementos sociais galegos contemporáneos e na historia e na cultura marítima de Galicia. Colaborou coa revista da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), formou parte do grupo etnográfico Mascato e asesorou o Centro Tecnológico del Mar, da Fundación CETMAR. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, pertence ao Colectivo de Historia Xerminal. Escribiu A CNT na Galicia (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes: Anacos da historia do Movemento Obreiro na Galiza (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio marítimo de Galicia (2000) e O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha visión de conxunto (2001); e, con E. Fernández, O anarquismo en Galicia (1870-1970): apuntes para unha enciclopedia (2004). Coordinou Os conquistadores modernos: Movemento Obreiro na Galiza de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Víctor Campio Pereira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Especializada no estudo dos pazos galegos, pertence ao Instituto de Estudios Vigueses. Escribiu Memoria sobre los restos visigodos de la villa de Panjón (1976), La arquitectura del Pazo en Vigo y su comarca (1979) e a tese doutoral La Arquitectura civil y religiosa en la Diócesis de Tui, siglos XVII y XVIII (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Abandonou a medicina militar para converterse nun defensor público dos ideais republicanos. Exiliado (1866), volveu a España tras o triunfo da Revolución de 1868 e continuou a propagar o republicanismo federal, especialmente entre a comunidade campesiña. Foi un dos principais alentadores do Pacto Galaico-Asturiano (1869). Obtivo representación parlamentaria en tres lexislaturas (1872-1873) e foi ministro de Fomento (1873). Exiliado novamente por causa do golpe militar do xeneral Pavía, ao seu regreso á Coruña continuou o seu labor médico e filantrópico. Publicou Memoria sobre los hospitales militares, Reglamento de exenciones físicas e traduciu a obra de J. A. Depaul Tratado teórico y práctico de auscultación obstétrica (1859). Tamén publicou dous libros de poemas El señor Juan (1883) e Perucho (1887). Foi presidente de honra da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO