Pereira González, Dionisio

Pereira González, Dionisio

Historiador. Licenciado en Ciencias Económicas, especializouse na investigación dos movementos sociais galegos contemporáneos e na historia e na cultura marítima de Galicia. Colaborou coa revista da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), formou parte do grupo etnográfico Mascato e asesorou o Centro Tecnológico del Mar, da Fundación CETMAR. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, pertence ao Colectivo de Historia Xerminal. Escribiu A CNT na Galicia (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes: Anacos da historia do Movemento Obreiro na Galiza (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio marítimo de Galicia (2000) e O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha visión de conxunto (2001); e, con E. Fernández, O anarquismo en Galicia (1870-1970): apuntes para unha enciclopedia (2004). Coordinou Os conquistadores modernos: Movemento Obreiro na Galiza de Anteguerra (1992) e O monte comunal na Galicia contemporánea: unha historia de resistencia (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña