"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Frades (A Estrada). O seu cumio acada os 526 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘festa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida a base de roxóns ou carne de porco que se fai pola matanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dun monte que se roza para cultivar ou coller estrume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilamarín, no concello homónimo. O seu cumio acada os 541 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunión de xente para divertirse, bailar, cantar ou celebrar algo que se adoita facer pola noite.

    2. Percorrido que se fai polas rúas cantando e bailando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Avilés a partir de 1960. Subtitulada “Revista anual de Lar Gallego”, foi promovida polo centro galego. Editada nos mesmos obradoiros que La Voz de Avilés e cunha periodicidade anual, foi unha publicación de carácter social que incluíu artigos sobre cultura popular, folclore e os galegos na emigración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Fundou o holding RUMASA en 1961, con empresas de diferentes sectores, que o goberno do PSOE expropiou en 1983. Creou a organización Partido Político TyE (Agrupación Ruiz-Mateos) coa que se presentou ás eleccións europeas e foi elixido deputado (1989). En 1997 celebrouse o xuízo do caso RUMASA e foi absolto. Co tempo creou un novo holding empresarial denominado NUEVA RUMASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade dun material que colle nunha saca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sacar ou sacarse.

    2. Acción de exportar ou transportar mercancías dun lugar a outro.

    3. Rede de pesca que se emprega sobre todo na da sardiña.

    4. Saínte que hai na fachada dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Trapa (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 847 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado cun sacho ou cunha sacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira occidental da ría de Betanzos, situada entre a de Gandarío e a punta Torella, na parroquia de Sada, concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Sada, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Coruña, situado no N da provincia da Coruña e no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa ría de Betanzos, ao S con Cambre e Bergondo (ambas as dúas na comarca da Coruña), ao L de novo con Bergondo e coa ría de Betanzos e ao O con Oleiros (comarca da Coruña). Abrangue unha superficie de 27,4 km 2 cunha poboación de 13.606 h (2007), distribuída nas parroquias de Carnoedo, Meirás, Mondego, Mosteirón, Osedo, Sada, Soñeiro e Veigue. A súa capital é a vila de Sada, situada a 43° 20’ 59’’ de latitude N e 8° 15’ 08’’ de lonxitude O, e distante 17 km da capital provincial. Está adscrito á provincia da Coruña, á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Betanzos.
    Xeografía física
    O concello conta cun relevo baixo, de alturas moi modestas e relativamente suaves, sen pendentes excesivas e lixeiramente basculado cara á ría de Betanzos. A parte occidental está composta por materiais duros, xistos e pegmatitas, que supoñen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado en Sada a partir de outubro de 1976. Cesou en novembro de 1978 (nº17). Subtitulado “Sociedad Recreativa Cultural y Deportiva. Boletín informativo”, foi dirixido por Xosé Pérez. Incluíu noticias sobre as actividades da asociación, recensións de libros da biblioteca e colaboracións literarias, moitas delas recollidas da revista local Mariñana (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sada. Realizada en cachotaría, agás os ocos e as arestas que se fixeron en cantaría, o conxunto sufriu un incendio e algunha parte da primitiva obra non foi reconstruída. A súa orixe atópase na torre do s XV á que se engadiu un corpo rectangular, cunha escaleira exterior que dá acceso á planta nobre. Conserva un balcón de pedra erixido sobre ménsulas de granito. O recinto está amurallado e no portón hai un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto situado na beira meridional da ría de Betanzos. Situado entre os illotes da Marola e Miranda, o acceso é amplo e sen máis dificultades ca os fondos areosos da ría. Conta cunhas infraestruturas naútico-deportivas que o converten nun dos portos turísticos máis importantes da provincia da Coruña, con máis de 549 prazas de atraque en peiraos flotantes. Como porto pesqueiro destaca na pesca da xouba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado ao N do pantano de Valdefuente (1.722 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de regadío e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO