Sada, porto de
Sada, porto de
Porto situado na beira meridional da ría de Betanzos. Situado entre os illotes da Marola e Miranda, o acceso é amplo e sen máis dificultades ca os fondos areosos da ría. Conta cunhas infraestruturas naútico-deportivas que o converten nun dos portos turísticos máis importantes da provincia da Coruña, con máis de 549 prazas de atraque en peiraos flotantes. Como porto pesqueiro destaca na pesca da xouba.