"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘botar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido orixinario de Catalunya, València e as Illes Balears, elaborado enchendo unha tripa ou unha porción de tripa de porco ou de vacún -e atando os extremos- cunha mestura de carnes de porco (carne magra, touciño, orella, fociño, etc) convenientemente picadas, con especias e salgadas. Ás veces, engádese, ademais da carne de vacún, outros ingredientes, como ovos, cebola, arroz e mesmo azucre. Se se engade sangue en cantidades apreciables, e incluso fígado, denomínase botifarra negra, e se non, botifarra branca; unha certa clase de botifarra negra especialmente rica en sangue é a denominada botifarra de sangue. Outra variedade é a botifarra catalá que se caracteriza por ser especialmente compacta e por estar elaborada con carne de porco de calidade, máis ben magra e pouco picada, e trufas. Existen variedades crúas e cocidas, para consumir como friame, como prato ou como ingrediente de diversas preparacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘botella’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘botellazo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde ás voces ‘botar, guindar, parir’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado alto, máis pequeno ca a bota, que chega a cubrir o pé e o nocello.
-
-
Bens ou obxectos de valor (armas, cartos, gando, etc) que os vencedores dunha batalla tiñan dereito a tomar dos inimigos vencidos. Considerado un dereito clásico da guerra, hoxe en día é internacionalmente rexeitado.
-
Conxunto de obxectos roubados ou apreixados empregando métodos violentos.
-
-
PERSOEIRO
Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidad de Deusto. Presidente do consello de administración do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1958 e foi nomeado conselleiro en 1960. En 1962 foi nomeado director xeral, vicepresidente segundo en 1971 e conselleiro delegado en 1977. Sucedeu a seu pai na presidencia do Banco en 1989. Pertence aos consellos de administración de Fuerzas Eléctricas de Cataluña, Compañía Española de Petróleo, Banco Comercial Español e Compañía Telefónica Nacional de España. É membro e vicepresidente do xurado dos Premios Príncipe de Asturias, membro do Bank Deposit Guaranty Foundation e da fundación Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz da Orden de Bernardo O’Higgins de Chile. En 1991 recibiu o Premio Futuro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito pola Universidad de Deusto. Vicepresidente segundo do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1957 e en 1960 foi nomeado subdirector xeral. En 1965 entrou na xunta directiva do Banco Intercontinental (Bankinter), da que foi nomeado presidente en 1986. É membro da Fundación Marcelino Botín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e banqueiro. Fillo de Emilio Botín López, primeiro presidente do Banco de Santander, e de María Sanz de Sautuola y Escalante, descubridora das covas de Altamira. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid. En 1929 foi nomeado conselleiro do Banco de Santander, accedeu á dirección do propio Banco en 1934 e foi nomeado presidente en 1950. En 1986 entregou a presidencia ao seu fillo Emilio, e en 1989 cedeu o cargo de vogal do consello de administración ao seu neto Emilio Botín-Sanz de Sautuola O’Shea. En 1965 creou o Banco Intercontinental (Bankinter); cedeu en 1986 a presidencia ao seu fillo Jaime e o cargo de vogal ao seu neto Marcelino Botín-Sanz de Sautuola y Nevada. Exerceu como presidente da Fundación Benéfica Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz ao Mérito Civil e coa Medalla de Oro do Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bota que cobre o pé e o nocello e que empregaban as mulleres no traxe tradicional de faena; estaba feita de coiro e tiña a base de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe establecida en Santiago de Compostela. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Botixo, Botixeiro, Botixeira e Botexo. As súas armas levan, en campo de goles, un porrón.
-
-
Recipiente, xeralmente de barro, máis ancho na parte superior ca no pé, cunha asa na parte superior central e dous bicos, un para enchelo e outro, máis pequeno, para beber, que se usa para levar e conservar a auga fresca.
-
Recipiente de vidro cun bico longo en forma de cono, que se emprega para beber botando o líquido desde o alto cara á boca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[sueco: Botten;
-
GOLFOS
Golfo do Mar Báltico situado entre Suecia e Finlandia. Cunha extensión de 668 km de largo e 240 km de ancho, e unha profundidade entre 50 e 100 m. Destacan o grupo das illas Aland situados na entrada, os illotes (schären) pegados á costa e os bancos de area que fan case imposible a navegación. Distínguense dúas partes; ao N, Bottenvik (cunha profundidade máxima de 126 m), e, ao S, Bottenha (coa máxima profundidade do golfo con 294 m). Todas as aguas de Finlandia e N de Suecia desembocan neste golfo, entre outros, os ríos Oulu, Kemi, Torne, Pite, Lule, Ume, Ågerman e Lyungan. Os portos principais son Härnösand, Luleå, Sundsvall e Gävle en Suecia, e Pori, Vaasa e Oulu en Finlandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
golfiño.
-
-
Recipiente feito en pel de cabrito que empregan os pastores para gardar o leite que lle muxen ás cabras no monte.
-
Pelello usado para gardar viño.
-
Bota de montar a cabalo ou empregada para paseos polo campo.
-
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun antigo alcume aplicado a un individuo que se caracterizaba por ser un gran bebedor de viño ou por ser pequenote e regordecho. A mesma orixe ca este ten o apelido Botas e os diminutivos Botella e Botello. Todos estes apelidos remiten ao latín tardío butta ‘vasilla de coiro, pelello, bota’ ou ao seu diminutivo butticula. Nalgúns casos puido facer referencia a unha persoa que desempeñaba o oficio de peleteiro.
-
Liñaxe oriúnda de Portugal, que se estendeu por terras de Galicia e León. A rama galega leva escudo partido: na primeira partición, en campo de ouro, dúas cabezas de mouros con turbantes brancos, postas en pau e coroadas de sable; na segunda partición, en campo de sinople, dúas torres de ouro, colocadas tamén en pao.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lanza do carro.
-
-
Relativo ou pertencente aos botocudos.
-
Individuo do pobo indio dos botocudos.
-
Pobo indio do Brasil localizado preto do río Doce, nunha zona montañosa e selvática, entre os estados de Minas Gerais e Espírito Santo. Os botocudos viven da recolección e da caza, e o seu nivel tecnolóxico é moi baixo. Son animistas e falan unha lingua ge. Actualmente están case que extinguidos.
-