"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Relativo ou pertencente á educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de edulcorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de efectuar ou efectuarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rotura dunha porta, fiestra ou outra entrada dun lugar habitado, para acceder a el con intención criminal. Constitúe unha circunstancia específica do delito de roubo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa. A relación é E=mc2, onde c é a velocidade da luz no baleiro. A masa m do corpo á velocidade v é m(v)=m0/Ö1-(v/c)2, onde m0 é a masa en repouso. A ecuación de Einstein establece a equivalencia entre masa e enerxía e converteuse nunha lei física universal que permite considerar a masa como unha nova forma de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo guerrilleiro do estado de Chiapas (México) creado en 1969. Seguiu os ideais de Emiliano Zapata que reivindicaba terra, pan e liberdade para os indíxenas. Desde o 1 de xaneiro de 1994 reiniciou as súas actividades dirixido por unha pequena cúpula militar encabezada polo subcomandante Marcos e co apoio de todas as comunidades indíxenas. Pódense apuntar como causas desta nova sublevación: a marxinación dos grupos indíxenas, a forte presenza do racismo como elemento do ámbito cultural dos grupos sociais dominantes, unido ao agravio e a vexación das comunidades indíxenas con respecto ao seu pasado histórico, a súa resistencia secular contra os caxtlanes (brancos e mestizos) e a necesidade de tomar unha iniciativa que os sitúe de novo na historia contemporánea. Os numerosos enfrontamentos entre o exército e a guerrilla levaron ao goberno a decretar o alto o fogo (12.1.1994). Coa mediación do bispo Samuel Ruíz negociouse unha saída pacífica e asináronse o 12 de febreiro de 1996...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de elaborar.

      1. Proceso do pensamento mediante o que se constitúen as ideas ou os conceptos.

      2. elaboración secundaria

        Proceso psíquico inconsciente mediante o cal as ideas latentes dunha persoa se manifestan no soño dunha maneira coherente ao darlle un sentido aparentemente lóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exaltación ou elevación do espírito producidas, especialmente, pola consciencia do éxito ou da prosperidade, que pode levar ao ensoberbecemento ou á presunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de elixir.

      2. Designación dunha persoa para un cargo ou comisión, xeralmente por medio de votos.

      3. Procedemento de designación de gobernantes ou representantes por medio de votación. A elección é un procedemento formal, fixado ou recoñecido polas normas dunha organización social, segundo o cal todos ou parte dos seus membros escollen un número menor de persoas, ou a unha soa, para ocupar determinados cargos en dita organización. O desenvolvemento de procedementos electorais remóntase á Antigüidade clásica, nas cidades estado gregas nos ss VI e V a C. Noutras épocas históricas tamén se desenvolveron eleccións, como na República Romana, na organización da Igrexa medieval e nas asembleas de representación estamental na Baixa Idade Media. A ideoloxía liberal e o Estado liberal burgués formularon o principio democrático das eleccións sobre a base dos conceptos de soberanía e representación. Os gobernantes son elixidos polos cidadáns directa ou indirectamente a través de representantes elixidos por eles, reunidos nunha asemblea depositaria da soberanía popular. As eleccións son o mecanismo...

    1. Posibilidade ou facultade de elixir.

    2. Acción de decidir entre os dialectos dunha mesma lingua indíxena ou entre distintas linguas. Cando se escolle unha lingua indíxena denomínase endoglósica e cando se escolle unha lingua esóxena, exoglósica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de electrificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de electrizar ou electrizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de electroterapia que emprega a calor dun electrodo puntiforme polo que se fai pasar unha corrente de alta frecuencia para a destrución de tecidos anormais, sobre todo tumorais, para deter hemorraxias e como anestésico local. Tamén se coñece como diatermia cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste en darlles forma a pezas metálicas mediante a aplicación de corrente eléctrica. Comprende a galvanoplastia, a galvanostexia e a electroerosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Morte causada por unha descarga eléctrica. Se a corrente é de baixa voltaxe, a morte prodúcese por unha desfribilación ventricular e, se é de voltaxe elevada, por carbonización ou saturación respiratoria.

    2. Forma de execución da pena de morte que consiste na aplicación dunha descarga eléctrica de voltaxe media ao condenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de obtención por electrólise dunha capa fina de metal sobre outro metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estimulación eléctrica dun tecido con finalidades terapéuticas ou experimentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de electroforese separativa en capa delgada de proteínas que utiliza como soporte unha disolución de ácidos aminocarboxílicos sintéticos, de puntos isoeléctricos diferentes e de baixo peso molecular, que crean un gradiente estable de pH cando se someten a unha diferenza de potencial. A capacidade separativa desta técnica é máis grande ca a electroforese convencional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento industrial de obtención de pezas por electrodeposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de electrolizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación das dimensións dun dieléctrico por efecto dun campo eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO