"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de seda de textura moi grosa coas liñas transversais marcadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1grumo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade de líquido que se bebe ou se pode beber dunha vez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
goro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rudimento formado por tecidos meristemáticos envoltos por unha serie de brácteas, do que se vai desenvolver unha nova póla, folla ou flor.
-
PERSOEIRO
Político e diplomático soviético. Embaixador en Washington (1943), participou nas conferencias de Yalta e Potsdam e foi delegado da URSS no Consello de Seguridade da ONU (1946-1948). Membro do Comité Central do PCUS desde 1956 e do Politburó en 1973, ocupou a carteira de Asuntos Exteriores entre 1957-1985 e a presidencia da URSS entre 1985-1988.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Cofundador do Partito Popolare e da Democrazia Cristiana, foi elixido deputado en 1919. Durante a Segunda Guerra Mundial tomou parte na Resistencia e, rematado o conflito, ocupou a carteira de Industria e Comercio (1944-1946), a presidencia da Cámara de deputados (1948-1955) e a da República italiana (1955-1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Groningen, Países Baixos (171.193 h [1999]). Situada no extremo do Hondsrug, no punto de transición do terreo areoso de Drenthe ao arxiloso da provincia de Groningen. Centro comercial da provincia, está unida con outras poboacións provinciais por unha rede de canles e ríos que fan a cidade accesible a barcos de gran calado e que a unen ao sistema de vías navegables dos Países Baixos. Ten industrias de construción naval, industria eléctrica, química, téxtil, mecánica, de elaboración de tabaco e refinerías de azucre. A cidade, coa rexión homónima, formou parte de Frisia ata que pasou ao Sacro Imperio Romano Xermánico (962). Anexionada por Carlos V (1536), a rexión opúxose á monarquía hispánica (1581) e integrouse nas Provincias Unidas en 1594. Dependente de Francia (1795-1814), foi ocupada polos alemáns (1940-1945). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o convento de Heilingen Geest (s XIII), a Gereformeerde Zuiderkerk, a sinagoga deseñada por T. Kuipers...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do N dos Países Baixos, que limita ao S con Drenthe, ao O con Frisia e Lauwerszee, ao N e NL con Waddenzee e o esteiro do Eems, e ao SL con Alemaña (2.967 km2; 562.646 h [2000]). O terreo está formado ao N por arxilas mariñas e ao S por turbeiras cultivadas e solos areosos. A agricultura produce orxo, millo, patacas e plantas industriais. O distrito de Veenkoloniën tivo un desenvolvemento industrial con industria química, papeleira, electrónica, química, téxtil, alimentaria e de construción naval. Os centros máis importantes son Delfzijl e Winschoten. A poboación fala o gronings, un dialecto do neerlandés.
-
PERSOEIRO
Humanista holandés. Coñecido como Hugo Grotius ou Grocio, formouse en leis en Orléans e tras regresar ás Provincias Unidas converteuse no procurador xeral da provincia de Holanda (1607). Defensor das ideas do arminianismo, o seu intento de mediar no conflito relixioso levouno a ser condenado a cadea perpetua (1619). Tras fuxir a París, foi nomeado embaixador de Suecia nesta cidade (1634-1644). Centrou os seus estudios no ámbito da filosofía do dereito e foi considerado un dos fundadores do dereito internacional moderno e da teoría racionalista do dereito natural. Das súas obras destacan Mare liberum (1609), De iure belli ac pacis (1625) e De veritatis religionis christianae (1627).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, pedagogo e crítico da arte. Discípulo de P. Behrens, realizou con Adolf Meyer os talleres Fagus en Alfeld an der Leine (1911) e un pavillón industrial na exposición do Deutsches Werkbund de Colonia (1914), considerada a derradeira obra do período de exploración da arquitectura moderna. Chamado para dirixir a Sächsische Hochschule für bildende Kunst e na Sächsische Kunstgewerbeschule, refundounas e creou a Bauhaus en Weimar (1919), que dirixiu ata 1928. Co lema “arte e técnica: unha nova unidade”, formulou en termos modernos a loita entre as vantaxes cualitativas da artesanía e as cuantitativas da industria, xunto coa estandarización. En 1934, coa chegada dos nacionalsocialistas ao poder, trasladouse a Reino Unido, onde traballou con E. Maxwell Fry, e en 1937 a EE UU. Exerceu de profesor na Graduate School of Design de Harvard, onde dirixiu a sección de arquitectura. En 1949 creou The Architects Collaborative, que actuou de modelo nos medios arquitectónicos norteamericanos. Como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Fillo de miniaturistas, formouse con J.L. David (1785-1790) e en Italia (1792), onde coñeceu a Napoleón, que o fixo seleccionador das obras artísticas que se enviaban ao Louvre e que lle encargou Les pestiférés de Jaffa (1804). Pintou numerosas escenas bélicas napoleónicas, entre outras, Le champ de bataille d’Eylau (1808). Na cúpula do Panteón de París pintou a apoteose de Bonaparte, que, ao cambiar as circunstancias políticas, se converteu na apoteose da monarquía borbónica. Luís XVIII nomeouno barón. Fixo de ponte entre o neoclasicismo de David e a escola romántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e diplomático. Gracias á súa profesión viaxou por todo o mundo; estivo en Lisboa (1823), en Exipto (1828), en México (1831) e en Bogotá (1838). Realizou o seu primeiro daguerrotipo en 1839 e ao ano seguinte viaxou a Arxentina. Volveu a Bogotá en 1842, onde fixo varias fotografías da cidade. Viaxou a Atenas en 1850 e alí tomou varias vistas da Acrópole. En 1851 realizou fotografías en Londres. En París, en 1852, na Fête des Aigles, fixo vinte e cinco daguerrotipos. Presidiu a Sociedade Heliográfica e publicou Recueil nouveaux concernant la photographic (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e historiador occitano. Coñecido como Pierre Devoluy, foi oficial do exército francés. Formouse poeticamente en París, en contacto co simbolismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo ou conxunto formado por doce ducias.
-
-
Antiga moeda de Alemaña e Austria.
-
Moeda fraccionaria austríaca que equivalía á centésima parte dun xilín.
-
-
-
Aplícase á persoa que non amosa educación nin cortesía nas súas palabras e actitudes.
-
Que é de pouca calidade ou está mal feito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito da groselleira en forma de baga pequena globosa de color vermella, de sabor acedo moi grato. Dela extráese un xarope que se emprega na fabricación de marmeladas e bebidas.
-
-
Arbusto caducifolio, do xénero Ribes, da familia das grosulariáceas, de follas alternas, simples e palmadas, flores regulares reunidas en acios e froitos en baga que reciben o nome de grosellas.
-
Arbusto leñoso duns 2 m de altura, follas palmadas e de bordos dentados, flores agrupadas en acios e froitos en baga negra. Crece en bosques de ribeira, preto dos ríos ou tamén coma planta ornamental. Cultívase polos seus froitos en Galicia e Portugal.
-
Arbusto espiñoso dun 1,5 m de altura, follas simples de borde dentado, flores de cor vermella ou verdosa e froito en baga de forma ovada e cor vermella-verdosa. Provén de especies europeas e americanas e cultívase sobre todo en países centroeuropeos e escandinavos. OBS: Tamén recibe o nome de groselleira espiñosa.
-
Arbusto non espiñoso dun 1,5 m de altura, de ramas erguidas que conteñen grandes follas palmadas, flores reunidas en acios e froitos en baga de cor vermella e sabor agridoce. É orixinario de centroeuropa e do N de Asia.
-