Groningen
Groningen
Provincia do N dos Países Baixos, que limita ao S con Drenthe, ao O con Frisia e Lauwerszee, ao N e NL con Waddenzee e o esteiro do Eems, e ao SL con Alemaña (2.967 km2; 562.646 h [2000]). O terreo está formado ao N por arxilas mariñas e ao S por turbeiras cultivadas e solos areosos. A agricultura produce orxo, millo, patacas e plantas industriais. O distrito de Veenkoloniën tivo un desenvolvemento industrial con industria química, papeleira, electrónica, química, téxtil, alimentaria e de construción naval. Os centros máis importantes son Delfzijl e Winschoten. A poboación fala o gronings, un dialecto do neerlandés.