"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (10.887 h [2001]). Destaca pola comercialización dos produtos agrícolas e as industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado na École des Beaux-Arts de París (1878-1880), estudou a teoría do contraste simultáneo das cores de Michel-Eugène Chevreul, que tratou de aplicar á pintura, e creou o neoimpresionismo. A súa obra La Baignade à Asnières, rexeitada no Salon de 1884, provocou a fundación do Salon des Indépendents. Destacan Un dimanche après-midi à l’ille de la Grande Jatte (1884-1886) e Le cirque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e ensaísta. Nado nunha familia anglicana irlandesa, foi un autodidacta. En 1884 entrou na Fabiam Society, e despois de traballar como crítico literario e teatral, en 1895 iniciou a súa carreira de dramaturgo. Admirador de H. Ibsen, a súa primeira obra teatral, Widowers’Houses (1982) pódese considerar plenamente ibseniana e preludio das súas Unpleasant Plays. Escribiu as Pleasant Plays, a máis famosa das cales é Candida (1985). As súas pezas posteriores caracterízanse pola crítica social, como The Devil’s Disciple (incluída en Three Plays for Puritans, 1901) Man and Superman (1903), Pygmalion (1913) e Saint Joan (1923). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1925.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Jowzjān, Afganistán, situada no centro do país (20.000 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión situada en Renania Central, Alemaña. A pesar de que o seu nome significa sete, son trinta os cumes que se alzan nela con alturas de entre 300 e 400 m, entre eles o Drachenfels. Foi declarado Parque Natural en 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada en Xutlandia, Dinamarca (52.917 h [2001]). Ten industria papeleira, téxtil e mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista belga. Desde 1928 cultivou a novela con diversos pseudónimos. Destacan as súas novelas policiais en que afondou na análise psicolóxica dos personaxes, dos que un dos máis populares foi o inspector Maigret, protagonista dunha longa serie con case 250 títulos, dos que destacan L’homme qui regardait passer les trains (1938), La neige était sale (1948) e Le train (1961). Publicou tamén Mémoires intimes (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Marcado polo pragmatismo, o relativismo e o subxectivismo, analizou as formas de socialización e insistiu na vida como categoría metafísica. Das súas obras destacan Über soziale Differenzierung (Sobre a diferenciación social, 1890), Soziologie. Untersuchungen über die Formen der Vergesellschaftung (Socioloxía. Estudos sobre as formas de socialización, 1908), Hauptprobleme der Philosophie (Problemas fundamentais da filosofía, 1910) e Lebensanschauung (A intuición da vida, 1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo. Describiu e nomeou os mamíferos fósiles de América do Sur. Estudou a evolución, a zooxeografía e a clasificación de mamíferos actuais e extinguidos, e os principios da clasificación biolóxica. Publicou Life of the Past (1953), Principles of Animal Taxonomy (1961) e Fossils and the History of Life (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corda que serve para tirar dunha rede ou dunha embarcación desde terra para facela ir dunha ribeira á outra dun río ou para facela avanzar contra corrente.

    2. Rede que se emprega para pescar sardiña.

    3. gorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Ulla que nace e desemboca na parroquia de Frameán (Monterroso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha torre de prata, ameada, sostida de rochas da súa cor, deitada de dúas árbores de sinople, sumada cada unha delas dunha aguia de sable que pica nas ameas da torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tirar dunha embarcación coa sirga, para facela avanzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago da Costa da Morte que está situado fronte ao cabo San Adrián, no concello de Malpica de Bergantiños, no litoral atlántico. Está formado por tres illas: Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica. Nelas concéntranse a práctica totalidade das colonias de gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e arao común (Uria aalge) da Península Ibérica e tamén a principal colonia de gaivota escura (Larus fuscus) da Península. Predomina a vexetación de mato con especies do xénero Cytisus e unha pequena poboación de piñeiros. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na proposta da Rede Natura 2000, dentro do espazo da Costa da Morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Da súa produción destacan Himalspelet (O camiño do ceo, 1942), Bara en mor (Só unha nai, 1949), Fröken Julie (Señorita Xulia, 1950, premiada no festival de Cannes de 1951) e Domaren (O xuíz, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Destacan as dúas compilacións de poemas Fridas bok (1922) e Fridas andra bok (1929), Mimnen fran jorder (Recordos da terra, 1940) e a novela humorística Das gesprengte Quartett (O cuarteto disolto, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e patriarca de Constantinopla. Adoptou o nome de Xenadio II Escolario. No Concilio de Ferrara-Florencia defendeu por razóns políticas o proxecto de unión das igrexas. Foi autor de diversos tratados teolóxicos e dunha Apoloxética destinada aos musulmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Naturalizado estadounidense, foi alumno de Olga Preobraženskaja e S. Lifar. Debutou en 1938 cos ballets rusos de Montecarlo e actuou como coreógrafo. Actuou na Opéra de París (1958-1962) e na Ópera de Liexa, e dirixiu o Harkness Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO