"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista colombiano. Estudiou o bacharelato no Liceo Nacional de Zipaquirá (1940-1946) e, posteriormente, matriculouse na facultade de Dereito e Ciencias Políticas na Universidad Nacional de Bogotá. Participou en 1950 no Grupo de Barranquilla, liderado por Ramón Vinyes, e tomou parte na revista Crónica do mesmo grupo. Colaborou nas publicacións Juventud (1942), El Universal (1946), El Heraldo (1948-1952), El Espectador, El Nacional, Élite (1956), Momentos (1957) e Venezuela Gráfica, entre outras. Foi correspondente de El Espectador en Xenebra e Roma, e da axencia cubana Prensa Latina (1959-1961) en Colombia, Cuba e Nova York; ademais, colaborou nas axencias de publicidade J. Walter Thompson e Stanton. En 1957 realizou unha viaxe pola República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría e a Unión Soviética, que reflectiu no seu artigo “Noventa días en la Cortina de Hierro”. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi catedrático de Latín e Humanidades, de Retórica e Poética e de Perfección de Latín y Principios Generales de la Literatura. Traduciu ao galego a oda “Beatus ille” de Horacio e a súa obra foi recollida postumamente en Poesías de José García Mosquera (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente socialista. Participou na fundación do PSOE (1879) e da UGT (1888), organización sindical da que foi o primeiro presidente. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ás posicións aliadófilas dos dirixentes socialistas e en 1921 abandonou o PSOE para formar parte da comisión organizadora do Partido Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. En 1810 foi elixido deputado pola provincia de Lugo. En 1811 distribuíuse en Cádiz o seu folleto Manifesto que nace a la nación española en general y al Reino de Galicia en particular yo diputado en cortes por la provincia de Lugo, Don Domingo García Quinta, Coruña 1811, escrito polo que a Rexencia ordenou a súa detención. Renunciou ao seu escano en decembro de 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi profesor na Universitat de València (1985-1991) e desde 1991 é profesor de historia antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Participou como investigador principal no proxecto Sociedade e Cultura Material na Protohistoria do Noroeste Peninsular (1999-2000). Especializouse nas relacións entre pensamento e sociedade, e na historia da Hispania Antiga e os seus paralelos europeos. É membro dos consellos de redacción de Gallaecia (1996) e Cuadernos de Estudios Galegos (2002). Escribiu A vida cotiá na Galicia Castrexa (1998), El Rey melancólico: antropología de los fragmentos de Heráclito (1992), Las Religiones en la historia de Galicia (1996), Mitología y mitos de la Hispania prerromana III (1999) e Mitos hispánicos: la Edad antigua (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Foi redactor do periódico La Esperanza ata 1870 e colaborou en El Eco Franciscano. Traduciu ao castelán os Himnos sacros, de Manzoni, e El anillo de Polícrates, de Schiller. Ademais da letra do Himno dos peregrinos ao Apóstolo Santiago, musicada por Santiago Tafall, escribiu Vicios de la locución de los naturales de Galicia (1884). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia, da Real Academia Galega e da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Técnico de publicidade. Coñecido co pseudónimo de Pepe Garalva, é director da axencia Garalva, relacións públicas e presidente da Asociación Provincial de Axencias de Publicidade. Exerceu como correspondente deportivo de El Correo Gallego e foi director da revista Mirador Lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor. Fundou, xunto con Manuel Martínez, e dirixiu a Escola Fröbel de Pontevedra (década de 1880), situada na Casa do Barón. Participou no Congreso Regional de Pontevedra (1887) e foi redactor en Pontevedra do xornal La Luz. Publicou Froebel y su sistema educativo [...] (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico e profesor. As súas obras baséanse no estudo do plano e das súas posibilidades matéricas, no protagonismo do debuxo, a liña e o punto e na monocromía. Realizou tamén murais en edificios públicos, entre outros, un no aeroporto de Barajas. Realizou a súa primeira mostra individual no Círculo das Artes de Lugo (1964) e posteriormente expuxo en diversas cidades de España, Alemaña e Arxentina. A súa obra está, entre outros, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada e no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla al Mérito de las Bellas Artes do Ministerio de Educación e Ciencia (1973) e o primeiro premio de pintura da Bienal Nacional de Arte Universitario de Madrid (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Dende 1984 forma equipo con Salvador Fraga Rivas e Manuel Portolés Sanjuán, cos que realizou, entre outras obras, a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque de Castrelos de Vigo (1997), a xerencia de urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) (1998-2002). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo. Despois de iniciar a súa carreira como autor de xoguetes cómicos e comedias, entre as que destacan Las circunstancias (1867) ou El estómago (1874), comezou unha nova etapa cun corte máis realista e social, con obras nas que denunciaba os vicios e costumes da sociedade burguesa da restauración. Entre estas últimas cómpre destacar Las personas decentes (1890), La huelga de los hijos (1893) ou La eterna cuestión (1895), na que xa agroman temáticas como a liberdade da muller fronte ás imposicións da familia e da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador. En 1859 foi a Alxeria, e en 1861 visitou Marrocos, onde foi comandante de artillería da garda do sultán Mu ḥ ammad ibn ‘Abd al-Ra ḥ mān e, desobedecendo as súas ordes, atravesou Marrocos facéndose pasar por musulmán co nome de Caïd Ismail. En 1864 pasou ao Sáhara. A delegación hispánica da Asociación Internacional para a Exploración de África confioulle unha nova viaxe para explorar as orixes do río Draa, pero morreu pouco antes de partir. Deixou, entre outras, as obras Revueltas en el Imperio de Marruecos en 1862, Descripción del Sus e Manual del viajero explorador en África, publicadas en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pere Lluís Pasqual i Gaudí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Foi un dos creadores da zarzuela moderna e estreou, entre outras, La mensajera (1849),   Juramento (1858), Catalina (1854) e La conquista de Madrid (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e tenente de navío. Enxeñeiro da Real Armada, foi o autor da remodelación da torre de Hércules (1791). Traballou tamén en proxectos urbanísticos no vicerreinado de Río da Prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Residiu en Roma, onde traballou en diferentes igrexas, e en Madrid (1752-1761), onde foi pintor de Fernando VI e director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Decorou a capela e o percorrido da escaleira do Palacio Real con Alegoría de la monarquía hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físicoquímico canadense. Desenvolveu o método do arrefriamento magnético, coñecido como “desmagnetización adiabática”, para tentar obter temperaturas próximas ao cero absoluto e poder determinar, dese xeito, calores específicas en baixas temperaturas; e descubriu, por métodos espectroscópicos, os isótopos 17 e 18 do osíxeno. En 1949 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións en crioxenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista internacional. Coñecido como Moncho Gil, foi dianteiro do Real Vigo Sporting. Formou parte da primeira selección española, coa que se proclamou subcampión olímpico nos Xogos de Anveres 1920. Co rexemento de Vigo proclamouse vencedor do Primeiro Campionato Militar de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De tendencia romántica, colaborou en diferentes periódicos e publicou a novela El señor de Bembibre (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Catedrático de Dereito político, en 1931 foi elixido deputado agrario por Salamanca ás Cortes constituíntes da Segunda República. Como líder de Acción Popular, participou na fusión que deu lugar á CEDA, agrupación vencedora nas eleccións de 1933, e formou parte do goberno (1935) como ministro de Guerra, carteira desde a que deu cargos de responsabilidade a Franco, M. Goded e J. Fanjúl. Nas eleccións de 1936 presentouse como candidato do Frente Nacional, acentuando os aspectos nacional-socialistas do seu partido (facíase chamar el jefe), pero foi derrotado polo Frente Popular. Partidario da restauración monárquica, ao non producirse esta trala Guerra Civil exiliouse en Portugal como membro do consello privado de don Xoán de Borbón, conde de Barcelona. No ano 1975 organizou a Federación Popular Democrática e participou sen éxito nas eleccións xerais de 1977. Entre outras obras escribiu No fue posible la paz (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO