"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Mateo de Lecce, formouse en Roma cos seguidores de Miguel Anxo, e tomou como referencias a C. Salvati e T. Zucari. En 1590 divulgou o manierismo en Lima. Traballou en Malta e Sevilla, onde se conserva a súa obra San Cristóforo (1584).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e debuxante. Coñecido como Peridis, colaborou en diversas publicacións periódicas como o diario Informaciones, a revista Cuadernos para el Diálogo e o xornal El País. Director e presentador do programa Las claves del Románico para TVE, no eido arquitectónico realizou a restauración e rehabilitación do mosteiro de Santa María La Real en Aguilar de Campoó, do mosteiro de San Benito en Valladolid, do Teatro Principal de Burgos e da Biblioteca Pública do Alcázar de Toledo. Autor de Los animalillos políticos de Peridis (1977), Del golpe al cambio (1982) e Peridis 1995-2004 (2004), recibiu o Premio Mingote de Humor (1983), o Premio Europa Nostra (1988) pola conservación do patrimonio histórico-artístico e a Medalla al Mérito de las Bellas Artes (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Coñecido como Roxerius, en 1920 rematou os estudos de maxisterio en Santiago de Compostela. Nestes anos frecuentou o centro republicano e as Irmandades da Fala. En 1919 asistiu, con Antón Villar Ponte, Fray Salvador, Sánchez Andrade e Pita Romero, á Xuntanza Escolar Nazonalista, celebrada en Santiago. Nesta Xuntanza decidiuse pedirlle ao goberno a creación dunha cátedra de literatura e lingua galega e a autonomía integral para Galicia. Durante a Segunda República apoiou activamente a campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia e, en decembro de 1931, participou na fundación do Partido Galeguista. A partir deste momento, intensificou as súas colaboracións xornalísticas diversificando a súa temática: cartas dirixidas aos mestres, análise da situación económica do maxisterio, a educación de adultos, a asistencia escolar, a pedagoxía e o bilingüismo, a situación das escolas técnicas e a crítica á escola tradicional. Despois de superar por libre os cursos da Escuela Superior de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ao tempo que colaboraba en El Pensamiento Gallego, e de regreso a Madrid, en El Correo, España Nueva, Heraldo de Madrid e La Mañana. Destacou como crítico taurino en Madrid baixo o pseudónimo de Don Pío e como autor da novela de costumes La casa de la Troya (1915, ilustrada por Castelao na súa primeira edición e premiada pola Real Academia de la Lengua Española). Tamén escribiu El torero artista: Rafael Gómez (Gallito) (1911) e Currito de la Cruz (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, na corte de Afonso X e probablemente tamén na de Afonso III de Portugal. Pola temática dalgunha das súas composicións, especialmente as dirixidas contra Deus, pensouse na súa orixe hebraica. Os tres cancioneiros principais recollen 52 composicións súas, que amosan a unha gran capacidade innovadora, mesmo no nivel lingüístico xa que empregou neoloxismos e recuperou algunhas expresións arcaicas. Segundo os xéneros, a súa produción divídese en 35 cantigas de amor, como “[A]y mia sennor e meu lum’e meu ben!”, con xogos de rima e o emprego do dobre e da palabra rima. Noutras composicións amorosas, relacionadas co amor cortés, o trobador amósase innovador e transgresor ao revelar o nome da amada, como en “Joana, dix’ eu, [S]ancha e [M]aria”, ou mesmo ao dirixirse a Deus achegándose á blasfemia, como “Nunca Deus quis nulha cousa gram ben”. Tamén é autor de dúas composicións de amigo e trece burlescas, como “Dom’na Maaria [N]egra, ben talhada” e “Maria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Aristócrata e avó do marqués de Santillana, consérvanse dúas composicións en galego da súa autoría, recollidas no Cancioneiro de Baena: nunha reproduce a morte por amor e noutra dedícalle unhas palabras a unha doncela que decide ingresar nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, posiblemente leonés ou portugués. Pode identificarse co nobre leonés Pedro Gutiérrez, meiriño maior de León, aínda que outros estudos relaciónano cun autor portugués presente na corte de Afonso III. Estivo activo na segunda metade do s XIII ou a principios do s XIV e recóllense dúas composicións súas (unha cantiga de amor e un sirventés) no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, produtor e guionista cinematográfico. Comezou a súa carreira en 1913, que desenvolveu en España, Alemaña, Francia, Arxentina e EE UU. Dirixiu Boy (1926), El negro que tenía el alma blanca (1927), La verbena de la paloma (1934), Suspiros de España (1938) e Goyescas (1942), e produciu, entre outros filmes, El mesón del gitano (1970), do que tamén elaborou o guión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. En 1918 afiliouse ao Partito Socialista Italiano (PSI). Antifascista destacado, foi detido (1926 e 1928-1935), expulsado do país (1926-1928) e confinado nun campo de traballo (1935-1943), polo réxime de B. Mussolini. Foi deputado desde 1948 e presidiu a Camera dei Deputati (1968-1976). Exerceu como presidente da República (1978-1985), combateu a corrupción dentro do seu propio partido e foi un gran defensor da democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Maksim Gor’kij, combinou primeiramente o realismo ruso co romanticismo revolucionario. Presentou a condición humana dos marxinados, de forma comprensiva e favorable, a evolución da burguesía e o nacemento do proletariado. En 1899 uniuse aos activistas revolucionarios marxistas e en 1902 foi proposto para a Academia Rusa de Ciencias, pero foi vetado polo tsar. Participou na Revolución de 1905, polo que foi encarcerado a finais de 1906. Logo de viaxar por diversos países a fin de conseguir cartos para o Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, adheriuse á Revolución de Outubro (1917) e colaborou na organización da vida cultural soviética. En 1934 presidiu o I Congreso de Escritores Soviéticos, onde se proclamou o realismo socialista. Da súa obra destaca Mat’ (A nai, 1902), un libro propagandístico sobre o espírito revolucionario dunha anciá campesiña; e as obras autobiográficas Detstvo (A miña nenez, 1913), V Ijud’akh (Camiñando polo mundo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar haitiano. Participou na rebelión que expulsou os británicos e españois de Haití (1798). En 1807 instaurou unha república no S e O de Haití e enfrontouse a Enrique Christophe (Enrique I de Haití), quen establecera a monarquía no N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi profesor na École Polytechnique de París. As súas investigacións sobre a calor específica de diferentes metais levárono a formular, xunto con P. L. Dulong, a lei de Dulong-Petit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Pertencente ao grupo poético Rompente, foi un dos protagonistas da renovación poética do último cuarto do s XX en lingua galega. Tras a súa estadía en Madrid, regresou a Galicia e ingresou no Seminario Maior de Vigo, onde estudou filosofía, teoloxía e literatura. Abandounou o seminario (1970) e, despois dunha breve etapa en Barcelona, regresou novamente a Vigo para participar en diversas accións culturais, como as Follas de Resistencia Poética e a creación de Rompente (1975). Redactor de Vagalume (1976-1978), cofundou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980), en que exerceu como secretario (1980-1985), e foi coordinador da revista Escrita. Promotor do I Congreso de Escritores en Lingua Galega (1981) e do encontro literario GALEUSCA, co abandono da AELG, decidiu volver a Barcelona (1985-2000) e quedar á marxe dos círculos literarios de Galicia, polo que foi considerado un “poeta maldito”. Da súa obra, principalmente poética e con algunhas incursións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Amigo de Edmund Husserl, coñécese pola súa Logik (1921), considerada a máis completa exposición da lóxica fenomenolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos marsupiais, da familia dos dasiúridos, que presentan o cranio de pequeno tamaño, fociño aguzado, pelame de cor gris e patas alongadas. A este xénero pertence a especie P. topoatafa, que vive en Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Literato e eclesiástico italiano. Nomeado arcebispo de Patras (1574), quedou como auxiliar do bispo de Siena. Autor de obras de astronomía, como Delle stelle fisse, foi o primeiro en clasificar as estrelas alfabeticamente coas letras latinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pedro José Pidal Carniado. Católico sen concesións, situouse a medio camiño entre o carlismo e a fidelidade á monarquía afonsina, que acabou aceptando. Foi ministro de Fomento con A. Cánovas del Castillo (1884-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. As súas obras amosan unha perfecta relación entre material, imaxe e significado. Utilizou como soporte artístico a fotografía e da súa temática destaca a análise do corpo humano, coa finalidade de implicar o espectador na obra. Da súa produción salientan Plumas (1994), Traxe home (1996), O traxe da Pepa (1996) e O raio de luz (2001). Ilustrou o Diario de Ana Frank. (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Aviador. Realizou as súas primeiras acrobacias o 6 de maio de 1913 en Ferrol durante a botadura do acoirazado Alfonso XIII. Convidado pola colectividade galega de Arxentina e Cuba, realizou diversos voos acrobáticos en que incluíu o salto da morte. De volta en España, tomou parte en varios concursos ata a súa retirada en 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceite sintético que se emprega como illante en determinados transformadores e condensadores porque non desprende gases inflamables.

    VER O DETALLE DO TERMO