"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Naturalista, explorador e científico. Nas súas expedicións alcanzou a máxima latitude conseguida (1895). A Sociedade de Nacións nomeouno alto comisario para a repatriación de prisioneiros de guerra, para os refuxiados rusos e para os refuxiados en xeral (1921-1924). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organismos que se encargaron de resolver o problema dos refuxiados despois da Primeira Guerra Mundial. Colocada, ao principio, baixo a autoridade de Fridtjof Nansen (1921-1924), estivo despois ligada á Oficina Internacional do Traballo (1925-1929). En 1931 a Sociedade de Nacións creou a Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados, que se encargou de proseguir a obra desta organización, ata a súa liquidación en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batista de algodón que se fai con fíos moi delgados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Hauts-de-Seine, na rexión administrativa de Île-de-France, Francia, situada na área suburbana de París (84.281 h [1999]). É un centro industrial siderúrxico moi importante. En 1968 iniciáronse os acontecementos revolucionarios que desembocaron no movemento de Maio do 68.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Loire Atlántico, na rexión administrativa de País do Loire, Francia, situada na cabeceira do esteiro do Loire (270.251 h [1999]). É unha cidade portuaria e un centro industrial da metalurxia pesada, de contrución naval, da produción alimentaria, dos zapatos e a química, sectores industriais que se estenden cara ao S, e tamén conserva arredor unha área de intensa produción hortícola. A planta urbana sufriu unha intensa remodelación, que foi reforzada despois da Segunda Guerra Mundial. Antiga capital do pobo galo dos namnetes, foi residencia dos reis e despois dos duques de Bretaña, ata a súa unión con Francia (1524). Grazas á súa situación, desde o s XV adquiriu importancia comercial e o apoxeo do porto estivo ligada á explotación de América. Na metade do s XVIII foi a cidade dos negreiros, e este comercio condicionaba a fabricación de téxtiles, augardentes e a elaboración dos produtos que o réxime de exclusividade reservaba á metrópole e que se vendían ao Estado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Nantes (Sanxenxo). Ten unha planta en forma de escadro con galería aberta e patio con xardíns en que se conservan dous sartegos de granito e os restos da antiga igrexa parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edito que puxo fin ás Guerras de Relixión promulgado por Enrique IV de Francia o 13 de abril de 1598. Estableceu a liberdade de consciencia a todo o reino, a liberdade ampliada de culto, o usufruto para os hugonotes de todos os dereitos civís, a creación de cámaras especiais para garantir os dereitos establecidos e o xuramento de 200 prazas coa garantía e posto de seguridade. A súa revogación por parte de Luís XIV o 18 de outubro de 1685, deu lugar á revolta dos camisards (1702-1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e gravador. Coñecido como Leboeuf e discípulo de Ingres, destacou como litógrafo e como ilustrador de obras de escritores románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e gravador. Foi discípulo, en París, de Philippe de Champagne. Realizou numerosos retratos gravados e ao pastel de importantes personaxes da época (Luís XIV, Mazzarino, Ana de Austria ou Colbert). En 1659 foi nomeado gravador e debuxante da Corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de Santiago, hoxe dividida entre as de Cascallá e Furco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Nantón (Cabana de Bergantiños). Construída no s XVIII, ten unha nave rectangular cuberta cunha bóveda de canón e ábsida rectangular do s XVI cuberta cunha bóveda nervada. Destacan os seus retablos, un neoclásico e dous de estilo barroco-rococó compostelán. O seu campanario data do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro de cobre, de fórmula CuCl que cristaliza no sistema cúbico. É incolora, gris ou amarela e ten unha dureza de 2’5 e un peso específico de 4’136.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de China meridional, situada no delta do Iang-Tsé (343.341 h [1990]). Ten industrias téxtiles e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hsien de Taiwán (4.106 km2; 545.756 h [estim 1999]). A capital é Nant’ou (84.038 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Henan, China, situada na beira do río Baihe (243.303 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive. Foi o introdutor do manierismo escurialense na ourivaría galega. Estableceu un obradoiro en Celanova onde realizou varios traballos para o mosteiro de San Salvador de Celanova. Destacan dúas arcas de prata para gardar as reliquias de san Rosendo e san Trocado, entre outros, realizadas en 1598.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nápoles ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nápoles.

      1. Escola artística xurdida en Nápoles baixo o dominio da Coroa de Castela. O s XVII foi o de máis esplendor, e destacaron os arquitectos Domenico Fontana e C. Fanzano. En pintura foi decisivo o papel de Caravaggio, en 1607, quen influíu en G. Battista Caracciolo, J. Ribera, G. Battista Ruippolo e G. Recco, e os bamboccianti. A estancia de Artemisia Gentileschi reforzou a tendencia ao caravaggismo melodramático de M. Stanzione, A. Vaccaro e B. Cavallino; e Mattia Preti introduciu a técnica e o gusto decorativo de Veronese. O pintor máis destacado foi Luca Giordano. No s XIX dominou o paisaxismo de Posillipo, con Antonio Pitloo e Giancinto Gigante; e Filippo Palizzi formou a Domenico Morelli, de quen foi seguidor Gioacchino Toma. Co virtuosismo de Edoardo Dalbono e Francesco Paolo Michetti manifestouse a influencia de Fortuny.

      2. Grupo de compositores do s XVIII nacidos ou activos no reino de Nápoles, case dedicados exclusivamente á ópera e á oratoria, e caracterizados polo feito de crear un estilo que acabou sendo xeral na ópera italiana daquel século. Considéranse iniciadores a F. Provenzale e A. Scarlatti, quen introduciu diversas convencións que configuraron a ópera seria. Unha segunda corrente dentro da escola napolitana é a ópera bufa, nacida do intermezzo. Destacaron especialmente despois de A. Scarlatti, N. Porpora, G. B. Pergolesi, N. Jommelli, N. Picini, G. Paisiello e D. Cimarosa.

    VER O DETALLE DO TERMO