"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen navega.
-
GALICIA
Director de escena. Foi o creador da agrupación de teatro de cámara da Asociación Cultural Iberoamericana, coa que dirixiu espectáculos como Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, en 1959 e Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, en 1961. En 1963 dirixiu A noite vai coma un río coa compañía Tespis, propostas que constitúen as primeiras achegas dun teatro en galego da posguerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arqueólogo. Especializouse no comercio marítimo no NO peninsular en época prerromana e romana. Realizou as escavacións arqueolóxicas da praza de María Pita en 1985 e escribiu, entre outras, El Comercio antiguo en el N.W. peninsular: lectura histórica del registro arqueológico (1991), El Golfo Artabro: arqueología e historia del gran puerto de los Galaicos Lucenses (1994) e Catoira na historia (2002).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto anónimo escrito en latín entre os ss IX-X. Durante a Idade Media circularon numerosas versións, das que destacan as de Benedeit (1200), catro redactadas en Italia (ss XIII-XIV) e dúas conservadas na Biblioteca Nacional de Lisboa. Vinculado coa tradición céltica, narra a viaxe de sete anos de duración de San Brandán, un monxe irlandés que viviu entre os ss V e VI, na procura do paraíso.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en San Amaro. De estilo románico, ten unha soa nave e ábsida rectangular. No presbiterio conta cun arco de medio punto peraltado e unha bóveda nervada de estilo gótico. Na fachada destaca un escudo e a dobre arquivolta sobre a porta. A espadana remata nunha cruz patriarcal.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República de Acerbaixán, que limita ao N e ao L con Armenia e ao S e ao O con Irán (5.500 km2; 305.700 h [estim 1991]). A súa capital é Naxçivan (63.100 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta e investigador. Foi cronista oficial da Coruña, bibliotecario da Real Academia Galega a partir de 1942 e pertenceu á redacción de La Voz de Galicia. Centrouse en traballos de investigación literaria sobre Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Da súa produción destacan O traxe (1964), Los poetas gallegos y Curros Enríquez (1970) e El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía (1974). Realizou tamén estudos históricos e artísticos, dos que destacan Calles y plazas coruñesas (1970) e diversos artigos en publicacións como Abrente e Coruña, paraíso del turismo. Académico correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, gañou dous premios no concurso promovido pola Real Academia Galega para celebrar o centenario do nacemento de Andrés Martínez Salazar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir, fillo de pai xudeu e de santa Perpetua. Educárono no cristianismo e predicou en Milán, onde coñeceu a Celso, co que viaxou a Xenebra e Tréveris. De volta en Milán, morreron ambos os dous durante a persecución de Nerón. A súa festividade celébrase o 28 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta turco. En Moscova (1921) formou parte na acción do grupo futurista e cando regresou a Turquía, influíu nos artistas novos e nos militantes de esquerda. Soubo innovar a literatura do seu país e liberouna dos modelos oriental e occidental. Destacan as súas obras Jokand ile Si-Ya-U (A Mona Lisa e Si-Ya-U, 1929), Portreler (Retratos, 1935) e Demokles’ in kilici (A espada de Damocles, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago de Comores, situada no Océano Índico (424 km2; 192.667 h [1990]). A súa capital é Montsamoudou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista romanés. Das súas obras destacan Somnul de la amiaza (Soño de mediodía, 1960), Caii albi din oraşul Bucureşti (Os cabalos brancos da cidade de Bucarest, 1967), Ingerul a strigat (O anxo berrou, 1968) e Cartea cu prieteni (O libro con amigos, 1978). Foi nomeado membro titular da Academiei Romane (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
al de Alemaña, preto de Düsseldorf, onde se descubriron os restos do home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome común que reciben os homínidos da especie Homo neanderthalensis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten características semellantes ás do home de Neanderthal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á fase adolescente da vida dun individuo.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Madame de Staël ou Germaine de Staël, estivo casada co barón de Staël-Holstein e creou un destacado salón literario, onde promoveu as ideas neoclásicas e románticas. De ideoloxía reformadora e vagamente progresista, escribiu De l’influence des passions sur le bonheur des individus et des nations (1796), Corinne ou l’Italie (1807), De l’Allemagne (1813) e Considérations sur la Révolution française (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón de Exipto (380-363 a C). Primeiro faraón da dinastía XXX, enfrontouse con éxito ao persa Artaxerxes II, quen intentou invadir o Baixo Exipto para recuperar a zona que perdera á morte de Darío II de Persia (404 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Faraón de Exipto (360-343 a C). Terceiro e derradeiro faraón da dinastía XXX, en 350 a C enfrontouse con éxito a Artaxerxes III, pero en 343 a C foi derrotado polo soberano persa, quen ocupou Exipto e fundou a dinastía XXXI.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Neda. De estilo gótico (s XIV), consta dunha soa nave, ábsida rectangular e tres capelas dos ss XV-XVI. Destaca a fachada, con características barrocas, por motivo das remodelacións dos ss XVIII e XIX, e o sepulcro de Diego Esquío, señor da comarca, no presbiterio.
VER O DETALLE DO TERMO