Navigatio Sancti Brandani

Navigatio Sancti Brandani
[LIT/MED]

Texto anónimo escrito en latín entre os ss IX-X. Durante a Idade Media circularon numerosas versións, das que destacan as de Benedeit (1200), catro redactadas en Italia (ss XIII-XIV) e dúas conservadas na Biblioteca Nacional de Lisboa. Vinculado coa tradición céltica, narra a viaxe de sete anos de duración de San Brandán, un monxe irlandés que viviu entre os ss V e VI, na procura do paraíso.