Navigation Act

Navigation Act

Lei proteccionista sobre o comercio marítimo votada polo Parlamento inglés o 9 de outubro de 1651, co obxectivo de poñer fin á supremacía marítima holandesa. Establecía que as importacións de mercadorías europeas tiñan que facerse en barcos ingleses ou do país de orixe, e prohibía o comercio coas colonias inglesas a todos os barcos estranxeiros. Contribuíu á hexemonía marítima inglesa e aboliuse en 1849.