"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Poeta. Colaborador habitual de Grial, Nordés e La Voz de Galicia, da súa produción destacan 19 poemas e O mar perdido (1990). Gañou o Premio Rozas de Xornalismo (1987), o Premio Xosé María Chao Ledo (1991) e o XII Premio Esquío de Poesía (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e físico. Exerceu no Real Hospital de Ferrol onde practicou a cirurxía e a disección anatómica. Viaxou a cidades europeas como París ou Londres para poder coñecer novas técnicas de física experimental. Foi o primeiro catedrático galego en introducir aires ilustrados europeos na universidade galega. Tratou de impartir a materia de física experimental a pesar do rexeitamento e a oposición dos seus colegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Formado no convento de San Domingos de Bonaval e despois no colexio de San Gregorio de Valladolid, chegou a ser profesor de teoloxía e catedrático auxiliar da Universidad de Valladolid. Foi prior entre 1772 e 1775 de San Domingos de Bonaval e vigairo provincial do Reino de Galicia entre 1775 e 1776.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome ruso do río Nemunas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Camariñas, Muxía e parte do de Vimianzo. Comprende 14 parroquias matrices e sete anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1953, que cesou en 1954 (nº3). Subtitulada “Hacia el Finisterre”, representou os intereses de distintos concellos da comarca de Fisterra. Editada en Betanzos, o seu director foi Baldomero Cores Trasmonte. Incluíu crónica social, deportes e bibliografía da comarca, e atendeu aos intereses locais e aos dos seus emigrantes en Bos Aires. Contou con colaboracións literarias de Ben-Cho-Shey, Fernández del Riego, R. Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño e Francisco Mayán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A pesar de, así e todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Expoñente característico do novo cine checo, realizou Démanty n novi (Diamantes na noite, 1964), O slavnosti a hostech (Da festa e dos convidados, 1966), Die verwandlung (A metamorfose, 1975) e V záru královské lásky (As chamas dun amor real, 1990) e Nocní hovory s matkou (A noite pasada falei coa miña nai, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ponteceso. Datada no s XII, ten planta de cruz latina dunha soa nave cun presbiterio e dúas capelas laterais. A cuberta é a dúas augas na nave, mentras que na ábsida é a catro. A espadana, con dous vans, remata nun frontón triangular con pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 250) Mártir. Foi detido durante a persecución de Decio e martirizado na fogueira xunto con bandidos e ladróns da cidade. A súa festividade celébrase o 19 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano de Gallaecia, do convento xurídico Bracarense. Probablemente de orixe céltica, o seu nome deriva da raíz nemet- (‘bosque sagrado’). Mencionados por Claudio Ptolomeo na súa obra, establecéronse posiblemente na zona onde despois se levantou a cidade romana de Bracara Augusta (Braga).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muxía. Datouse nos ss XII-XIII aínda que foi reformada posteriormente. Está realizada en estilo románico e consta dunha soa nave rectangular, con cuberta de madeira e ábsida cadrada con bóveda apuntada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Autor de contos, novelas e obras de teatro, creou, xunto con Stanislavskij, o Teatro de Arte de Moscova (1898). Foi moi importante no desenvolvemento da arte escénica en Rusia e aplicou o realismo socialista ao teatro. Recibiu o Premio Stalin en 1942 e 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Logo da desfeita do goberno de B. Mussolini (1943), comezou unha axitada e brillante carreira política. Foi secretario xeral do Partito Socialista Italiano (1944), viceprimeiro ministro (1945-1946 e 1963-1968) e ministro de Asuntos Exteriores (1947-1948 e 1968-1969). Presidiu o reunificado Partito Socialista Italiano (1968-1969) e, en 1969, presentou a súa dimisión dos cargos que tiña dentro da organización política debido á falta de unidade no seu seo. Foi senador vitalicio desde 1971 e presidente do Senato della Repubblica en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neozelandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio comprensivo, ou superestadio (e superidade), do Cretáceo inferior, que agrupa diversos estadios. Inclúe habitualmente os catro estadios inferiores do Cretáceo. O estrato tipo encóntrase en Neuchâtel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neocomiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie e época que corresponden co Devónico Superior, e que comprende o Frasniano e o Famenniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neodevoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comeza a falar unha lingua, que xeralmente non domina, porque non é a materna.

    VER O DETALLE DO TERMO