"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento filosófico estendido, a finais do s XIX e comezo do s XX. Representou un retorno ao pensamento de Hegel, interpretado primordialmente como un pensador romántico. Estendeuse sobre todo por Inglaterra, grazas a F. H. Bradley, e por Italia, grazas a B. Croce e G. Gentile.
-
-
Relativo ou pertencente ao neohegelianismo.
-
Se-guidor do neohegelianismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao neokantismo.
-
Seguidor do neokantismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente filosófica que xurdiu a mediados do s XIX baixo a idea de O. Liebmann, de recuperar o pensamento de Kant. A súa influencia estendeuse ata finais do s XX. Os seus representantes principais situáronse maioritariamente en Alemaña: A. Lange, H. Hemolz, A. Riehk, a escola de Marburg, con H. Cohen, P. Natorp, E. Cassirer e a de Baden con W. Windelband, H. Rickert e B. Bauch. OBS: Tamén se denomina neocriticismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente da teoría económica, iniciada cara á metade da década de 1960, que pretende demostrar a orixinalidade teórica das achegas de J. M. Keynes, e tamén seguir os camiños que abriu a súa visión do equilibrio macroeconómico. Distínguese dos seus seguidores inmediatos, denominados simplemente keynesianos, porque considera que non seguiron o espírito e as achegas verdadeiramente renovadoras de Keynes. O keynesianismo representa unha alternativa á visión neoclásica dominante ata a Segunda Guerra Mundial, sobre todo polo que fai referencia á política económica en casos de recesión. A partir de 1950 xeneralizáronse os intentos de síntese entre ambas as dúas actitudes, os máis coñecidos son os dos economistas John R. Hicks, Paul Anthony Samuelson e Don Patinkin. Outros economistas que poden ser considerados neokeynesianos son Armen Alchian, Robert J. Barro e Herschel I. Grossman.
-
-
Relativo ou pertencente ao neokeynesianismo.
-
Seguidor do neokeynesianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escola de taxonomistas que propugna o uso de agrupacións moi amplas de individuos (linneón), a miúdo correspondentes a círculos de razas, que poden estar subdivididos en unidades inferiores (subespecies ou variedades).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina social e demográfica, continuadora da teoría de T. R. Malthus (malthusianismo), que avoga polo control da natalidade para limitar o crecemento da poboación e evitar a miseria.
-
-
Relativo ou pertencente ao neomaltusianismo.
-
Partidario do neomaltusianismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao neorrománico.
-
Corrente arquitectónica historicista, contemporánea do neogótico, aínda que de menor entidade, que tratou de recuperar as características do románico. Ao final do s XIX derivou na arquitectura bizantina. O promotor máis importante foi Paul Abadie, arquitecto da igrexa do Sacré-Coeur de Montmartre, en París. Tivo un gran predicamento en Alemaña, coa restauración da capela palatina de Aquisgrán e en Inglaterra coa catedral católica de Westminster.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario de reacción contra o naturalismo na literatura europea contemporánea que renovou parcialmente o romanticismo. É particularmente importante o conxunto de tendencias que se desenvolven na literatura alemá do período comprendido entre 1900-1920, encabezado por H. von Hofmannsthal, S. George, R. M. Rilke, R. Huch, e O. zur Linde, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
neoarsfenamina.
-
-
Relativo ou pertencente a Nova Zelanda ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nova Zelanda.
-
-
-
Relativo ou pertencente a John Neper.
-
Aplícase ao logaritmo de base e.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao planeta Neptuno.
-
Que está formado pola acción das augas.
-
-
PERSOEIRO
Eunuco romano. Foi bautizado por san Pedro, xunto con san Aquileo, co que exerceu de camareiro de Flavia Domitila, neta do Emperador Vespasiano. Estando prometida a Aureliano, fillo dun cónsul, os eunucos convertérona ao cristianismo e convencérona de que fixera o voto de castidade. Deportáronos á illa de Poncia e decapitáronos. Segundo o Misal Romano foron dous militares profesionais que desertaron do exército e se converteron ao cristianismo, polo que foron martirizados en tempos de Diocleciano. Sobre o seu sepulcro en Roma, na Via Ardeatina, construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico. Profesor na Universidade de Berlín, investigou sobre electroquímica, estableceu a relación entre a diferenza de potencial de contacto e a presión osmótica dos ións en solución (1899). En 1906 formulou o teorema de Nernst. Recibiu o Premio Nobel de Química (1920), en recoñecemento ao seu traballo en termoquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Nerón.
-
PERSOEIRO
Poeta e narrador. Máximo representante do realismo checo, deuse a coñecer con Hřbitovní kvití (Flores sepulcrais, 1857). En 1861 entrou no xornal Národny Listy, onde publicou numerosos folletíns, críticas teatrais, perfís de autores e ensaios. Destacan as súas obras poéticas Knihy veršu (Libro de versos, 1867), Písně kosmické (Cancións cósmicas, 1878) e Zpěvy páteční (Cantos do venres santo, 1896), e as novelas Ruzní lidé (Xente diversa, 1879) e Povídky malostranské (Contos de Malá Strana, 1878).
VER O DETALLE DO TERMO