neokeynesianismo

neokeynesianismo

(

s m [ECON]

Corrente da teoría económica, iniciada cara á metade da década de 1960, que pretende demostrar a orixinalidade teórica das achegas de J. M. Keynes, e tamén seguir os camiños que abriu a súa visión do equilibrio macroeconómico. Distínguese dos seus seguidores inmediatos, denominados simplemente keynesianos, porque considera que non seguiron o espírito e as achegas verdadeiramente renovadoras de Keynes. O keynesianismo representa unha alternativa á visión neoclásica dominante ata a Segunda Guerra Mundial, sobre todo polo que fai referencia á política económica en casos de recesión. A partir de 1950 xeneralizáronse os intentos de síntese entre ambas as dúas actitudes, os máis coñecidos son os dos economistas John R. Hicks, Paul Anthony Samuelson e Don Patinkin. Outros economistas que poden ser considerados neokeynesianos son Armen Alchian, Robert J. Barro e Herschel I. Grossman.