"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Nocelo da Pena (Sarreaus). O seu cumio acada os 681 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello de administración do Banco Pastor. Deputado no Congreso por UCD (1979-1982), foi conselleiro de Interior e Administración Local (1978-1982) e un dos asinantes, como representante do UCD, do Pacto do Hostal (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.336 h [2001]). Ten cultivos de secaño, millo e tubérculos, e actividade industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Santa Comba situado na parroquia homónima.
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. Realizou deseños para carteis e revistas, e practicou a fotografía. Adoptou técnicas de augada e acuarela, e a súa pintura caracterizouse polo simbolismo conceptual de inspiración popular. Destacan Visión Háptica e Rastro en la arena.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de La Rioja drenado polos ríos Zamaca e Oja, afluentes do Ebro (5.622 h [2001]). É un centro comarcal con pequenas industrias que foi fundado por santo Domingo de la Calzada (1044) e converteuse en estación obrigada nas peregrinacións a Santiago de Compostela. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas medievais; a ponte -mandada construír por Afonso VI-; a catedral (s XII), en cuxo interior destaca o cadeirado do coro (s XVI); e o retablo do altar maior e o convento de San Francisco, reconstruído no s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caída en prancha ou de bruzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación en forma de sarabia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sarabiada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sarabiada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comida ou festa, ao aire libre ou non, en que se asan sardiñas.
-
PERSOEIRO
Relixioso, fillo dos marqueses de Valladares. Foi inquisidor xeral (1669-1695), auditor do Tribunal de La Rota en Roma, vigairo na corte de Sicilia, bispo de Oviedo e Plasencia, e membro do goberno durante a minoría de idade de Carlos II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Moctezuma e duque de Atrisco, coa grandeza de España. Foi vicerrei de Nueva España, membro do Consello Real e presidente do Consello de Indias. En 1702 participou na Batalla de Rande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Sarria. Construírono durante o s XIII dous ermitáns chegados de Italia en peregrinación a Santiago de Compostela. Das orixinais estruturas románicas só se conservan algunhas na zona da ábsida e na porta de acceso ao claustro e destacan fundamentalmente as partes góticas. Nas esquinas da fachada, plateresca e con elementos manuelinos, conserva o escudo de armas dos protectores do convento: os Osorio, os Enríquez e os Castro. A igrexa é de estilo oxival de transición cara ao Renacemento. Desde o s XVI foron reducidos á orde agostiña por Pío V e desde 1896 convertéronse nun convento da orde mercedaria.
-
FILOSOFOS
Filósofo polaco. Abriu o marxismo á filosofía analítica. Das súas obras destacan Wstep do semantyki (Introdución á semántica, 1960), Marksizm a egzystencializm (Marxismo e existencialismo, 1961), Jesyk a poznanie (Linguaxe e coñecemento, 1967), Marksizm a jednostka (Marxismo e individuo humano, 1965) e Enfremdung als soziales Phänomen (A alienación como fenómeno social, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
corvo mariño grande.
-
-
Forma de abonamento do salario ou paga que a empresa abona ao traballador por semanas, sexa por traballo feito ou por horas de traballo
-
Importe da semanada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ensenrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica de permanecer un grupo de persoas sentado no chan durante un tempo para reivindicar algo ou en sinal de protesta.