"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Antiga cidade grega situada á beira do Mar Negro. Fundada no s VI a C por megarenses e beocios, acadou o seu máximo esplendor baixo o goberno do tirano Clearco (s IV a C). A conquista romana significou o inicio da súa decadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, señor de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende. Foi alcalde de Touro (1857), senador pola Coruña (1872) e durante a Restauración pertenceu ao Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Arzúa (1879-1899). Senador pola provincia da Coruña (1899-1902), dirixiu a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. Foi nomeado cabaleiro da Real Orden de Carlos III e recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Consérvanse fragmentos da súa Historia de Heracles, primeiro exemplo de narración con noticias xeográficas, científicas, astronómicas e mitolóxicas. Tamén se coñece unha obra súa sobre os argonautas e unha Pelopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo estadounidense. Realizou investigacións en Surinam, Haití, Trinidad, Brasil e en distintos lugares de África e interesouse polos procesos de cambio cultural e aculturación na liña de F. Boas. Das súas obras destacan The Economic Life of Primitive Peoples (1940), Man and His Works (1948) e The Human Factor in Changing Africa (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Hervé Bazin, nas súas novelas maniféstase unha protesta contra a sociedade burguesa. Publicou Vipère au poing (1948), La tête contre les murs (1949), Chapeau bas (1963), Le matrimoine (1967), Le cri de la chouette (1972), Ce que je crois (1977), Un feu dévore un autre feu (1978), l´Église verte (1981), Abécédaire (1984), Le Démon de minuit (1988) e L´École des Pères (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á unha molécula formada por átomos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore tropical moi apreciada por ser a principal produtora de caucho. Mide de 15 a 40 m de altura, ten follas compostas de tres foliolos elípticos, flores unisexuais agrupadas en panículos e froitos capsulares. É natural da Amazonia, aínda que se cultiva noutras rexións tropicais, principalmente en Malaisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU, pertencente á aglomeración urbana de Miami (188.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de propulsión sobre a auga que se basea no fenómeno da reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, na vertente setentrional de Sierra Morena (2.495 h [2001]). Cultívase a oliveira e críase gando ovino e porcino. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Santa Catalina (XVII) e San Bartolomé (s XVII) e a ermida de Nuestra Señora de Loreto (s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo grego. Entre 161 e 127 a C fixo en Rodas a maioría das súas observacións científicas, das que destacan o cálculo do ano solar en 365 días e 6 horas e a redacción do primeiro catálogo de estrelas. Atribúeselle a invención do astrolabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do volume respiratorio por minuto como consecuencia dun incremento da frecuencia (taquipnea) ou da profundidade dos movementos respiratorios (batipnea).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia pitórica, coñecida tamén como realismo fotográfico e realismo radical, entre outros termos, que pretende ofrecer unha versión minuciosa e detallada das imaxes. Naceu en West--Coast, EE UU, promoveuse en Europa na Documenta de Kassel de 1972 e confirmouse na exposición que, co nome de Hiperrealismo, presentou en París Uldo Kulterman. Os artistas hiperrealistas tratan de transcribir a realidade servíndose dos medios técnicos e fotográficos de manipulación das imaxes. Entre outros destacaron D. Hanson, J. Salt, D. Eddy, C. Clarke, J. de Andrea, J. Harvorth, A. Dworjowitz e C. Bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao hiperrealismo.

    2. Seguidor do hiperrealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hipocreais.

    2. Fungo da orde dos hipocreais.

    3. Orde de ascomicetos da subclase das ascomicétidas, que comprende fungos fitoparasitos de ascocarpos brancos e coloreados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do fluxo sanguíneo menstrual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas bulbosas que pertencen á familia das amarilidáceas. Presentan follas lineares e flores en umbelas. Son orixinarias de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico entre EE UU e España (abril-agosto 1898). EE UU estaba interesado en dominar as rutas comerciais do Caribe e aproveitou a oportunidade da Guerra de Independencia Cubana contra España para intervir nela. O conflito iniciouse coa voadura do acoirazado Maine, que EE UU imputou a España, e polo que declararon a guerra o 25 de abril. A flota española foi aniquilada no conflito e, polo Tratado de París, España aceptou a entrega a EE UU das posesións das Antillas, Filipinas e a illa de Guam. A derrota representou para os españois un desastre moral que evidenciou a crise dun sistema político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Ourense en 1970 por actores que proviñan do Grupo de Teatro Valle Inclán, con dirección de Xosé Manuel Blanco Gil. Dos seus espectáculos destacan Tempo de chorar (1974) e SOS do estrelecer (1975), traballos de creación colectiva a partir de textos de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro, Antígona (1976), a partir do texto de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), sobre un texto de José Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO