hevea

hevea
Nome científico: [Hevea brasiliensis, Fam das euforbiáceas]
s f [PLANTA]

Árbore tropical moi apreciada por ser a principal produtora de caucho. Mide de 15 a 40 m de altura, ten follas compostas de tres foliolos elípticos, flores unisexuais agrupadas en panículos e froitos capsulares. É natural da Amazonia, aínda que se cultiva noutras rexións tropicais, principalmente en Malaisia.