Hevesy, George Charles de
Químico. Estudiou nas universidades de Budapest, Berlín e Friburgo. Traballou nas universidades de Manchester, onde colaborou con Ernest Rutherford, Viena e Copenhaguen, onde colaborou con Niels Bohr, e logo traballou no Instituto Bohr de Física Teórica. En 1923 descubriu, xunto con D. Coster, o hafnio en minerais de circonio, onde as teorías de Bohr predecían a súa existencia. A partir de 1934, Hevesy comenzou a estudar a utilización dos isótopos radioactivos, especialmente o fósforo, como indicadores de fenómenos químicos e biolóxicos, polo que se lle outorgou o Premio Nobel de Química en 1943. Das súas obras destacan Element Hafnium (1925), A manual of radioactivity (1939), Indicadores radioactivos (1948), e Adventures in radioisotope research (1962).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Budapest -
Deceso
Lugar : Friburgo de Brisgovia