"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Incorporou á literatura castelá un extenso vocabulario de lingua popular e coloquial, antecedente da linguaxe de La Celestina. Da súa produción destacan Corbacho o Reprobación del amor mundano, de carácter satírico, Vidas de San Ildefonso y San Isidro, Atalaya de las Crónicas, de tipo histórico, e a obra menor Vencimiento del mundo. Así mesmo, fixo a tradución do Libro de la perdurable virginidad de Santa María, obra de San Ildefonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Emigrou a México e alí comezou a súa actividade literaria e xornalística. Entre as súas obras destacan Se adoraban (1924), El hombre que no encuentra mujer (1925) e Ella tuvo la culpa (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra presenta unha carencia case absoluta de idea espacial, entregando o fondo das obras a un brocado rústico. O trazado é sintético, matizando os volumes co emprego das liñas. Destacan as súas obras nas igrexas de Santa María de Marzá (Palas de Rei), San Xurxo de Augas Santas (Palas de Rei) e Santo Estevo de Paderne en Castroverde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou e exerceu como avogado ata que abandonou o seu traballo pola fotografía. Interesado por todos os movementos de vangarda, foi pioneiro no uso da fotografía como fonte de documentación arquivística. Inventariou todas as fotografías en función da súa temática (escultura, arquitectura, paisaxes ou xentes), constituíndo un retrato iconográfico da Catalunya de comezos do s XX, o chamado Arxiu Mas (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Foi o principal representante do estilo protogótico en Galicia, onde viviu e desenvolveu a súa actividade artística. Descoñécese a súa formación, posiblemente adquirida ao longo do Camiño de Santiago, especialmente nas vías francesas. A súa primeira intervención documentada sitúao en 1161 nas obras da ponte de Pontecesures. Un documento de 1168 vincúlao a Santiago de Compostela, onde traballou durante máis de 20 anos como mestre de obras da catedral por encargo de Fernando II, de quen recibiu a cambio unha renda vitalicia. Nesa data iniciou o pórtico da Gloria, única obra súa documentada e principal exemplo do protogótico, imitado posteriormente no pórtico do Paraíso da catedral de Ourense. O seu estilo caracterizouse pola madurez, expresada tanto nos recursos técnicos como iconográficos, e pola utilización de elementos románicos que apuntaban xa algunhas característas do gótico: o emprego de arcos apuntados na separación dos tramos, as bóvedas oxivais, o naturalismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Título honorífico dado aos emperadores, emperatrices, reis e raíñas. Empregouse a partir do s XIII, só para os emperadores, e estendeuse pouco a pouco aos reis, ata que foi corrente a partir do s XVII.

      2. Forma de tratamento que se lles dá aos reis, emperadores e a Deus. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    1. Carácter de grandeza que inspira respecto e veneración.

    2. Representación de Xesús Cristo ou da Virxe nun trono e en actitude hierática, típica da arte medieval. En particular, os Cristos en maxestade foron coñecidos como a representación (ss XI-XIV) de Xesús Cristo cravado na cruz, vestido con túnica e xeralmente coroado, cun rostro impasible e caracterizado pola ausencia total de dramatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou amosa maxestade.

    2. plural maxestático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten maxestade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatística que rexe a distribución dun conxunto de partículas en función dos posibles valores da enerxía tendo en conta os principios da mecánica clásica. Utilizada inicialmente para describir o comportamento dos gases ideais, fallou no caso do gas electrónico dos metais e por iso desenvolvéronse outras estatísticas, como a de Bose-Einstein e a de Fermi-Dirac. Permitiu facer unha interpretación probabilística da entropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Fredric March, aproveitou a súa versatilidade para protagonizar papeis de galán e outros personaxes máis complexos. Participou nos filmes Dr Jekyll and Mr Hyde (1931, Oscar ao mellor actor 1932), Anna Karenina (1935), A Star is Born (1937) e The Best Years of Our Lives (1946, Oscar ao mellor actor 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e mestra. A súa obra, influenciada pola corrente realista da época, iniciouse no semanario Domingo co conto Nina (1945, Premio Concha Espina), se ben o seu primeiro éxito acadouno coa novela Nosotros los Rivero (1953, Premio Nadal). Autora de diversos guións cinematográficos e libros de ensaio, publicou tamén Compás de espera (1954), Diario de una maestra (1961), Andrés (1963, Premio Sésamo) e El urogallo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afloramento granítico de grao medio situado en Meira (Moaña), inmediato á torre medieval. A rocha principal é ampla e contén trazos rectilíneos e cruciformes, así como tres motivos de representación da custodia. Ao NO, noutra rocha do mesmo afloramento, localízase un motivo illado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor francés. Cultivou o tema histórico e de xénero, de factura minuciosa e de pequeno formato, que impuxo como moda. En 1834 deuse a coñecer coa obra Le visite chez le bourgmestre. Pintou a epopea napoleónica en Campagne de France, 1814 (1864) e destaca Le siège de Paris (1870). Foi o primeiro pintor galardoado coa Légion d’Honneur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Amiga de F. García Lorca, Rafael Alberti e Luis Buñuel, casou en 1931 con Manuel Altolaguirre, con quen fixo de voceira da Xeración do 27. Da súa produción poética, na que aproveita as innovacións da súa época sen desapegarse da herdanza clásica e popular, destaca Inquietudes (1926), Surtidor, (1928), Canciones de mar y tierra (1930), El personaje presentido (1931), Vida a vida (1932), El carbón y la rosa (1935), Niño y sombras (1936), Lluvias enlazadas (1939), Sombras y sueños (1944) e Vida o río (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei mítico de Atenas, fillo de Péteo, descendente de Erecteo. Segundo a Ilíada, foi un dos guerreiros que, despois de esconder o cabalo de madeira, participou no saqueo da cidade de Troia. Posteriormente reinou en Melos cando morreu o Rei Polianacte, e atribúeselle a fundación da colonia de Escilecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guiso feito con diferentes verduras e con anacos de carne ou xamón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Músico medieval que cantaba e bailaba.

    2. Músico ambulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa Sicilia da Península Itálica e comunica os mares Tirreno e Xónico. Supuxo sempre un perigo para a navegación, que se reflectiu na mitoloxía cos monstros Caribdis e Escila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordel con que se une unha rede á tralla de armamento, que é o cabo que forma a armazón nas redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación dos grandes gandeiros da Coroa de Castela. Durante a Alta Idade Media chamábase mesta aos pastores comunais e a súa administración deu lugar á formación de federacións locais e rexionais de gandeiros, que adoptaron o mesmo nome. As diferentes mestas rexionais foron unificadas por Afonso X en 1273, co nome de Honrado Concejo de la Mesta, que tiña unha inmediata motivación de carácter fiscal. A existencia da institución respondía á importancia acadada polos gandeiros desde a estrutura económica de Castela. A coroa era a principal beneficiaria desta organización gandeira, que era responsable do pagamento dos impostos do servizo de gando, creado en 1269, e do montazgo, establecido en 1343. A partir de 1560 iniciouse a decadencia da gandaría castelá que se acentuou durante o s XVII e sobre todo no s XVIII, coa alza da renda da terra. Durante a administración de Campomanes, alcalde entregador ou presidente do Concejo, perdeu a súa situación de predominio (1779-1796), aínda...

    VER O DETALLE DO TERMO