Meira, gravado rupestre de

Meira, gravado rupestre de

Afloramento granítico de grao medio situado en Meira (Moaña), inmediato á torre medieval. A rocha principal é ampla e contén trazos rectilíneos e cruciformes, así como tres motivos de representación da custodia. Ao NO, noutra rocha do mesmo afloramento, localízase un motivo illado.