"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Relativo ou pertencente á grauvaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo formado por militantes do Sindicato de Peones coruñés e o empregado da Telefónica Manuel Rodríguez Baraja que, a mediados de 1933, emprenderon unha campaña desde o xornal barcelonés El Luchador contra o ex-secretario da CRG, J. Villaverde, acusándoo de escisionista. As súas colaboracións no voceiro catalán deron lugar a un folleto titulado La Farsa Torpe. Réplica a José Villaverde, publicado na Coruña a finais de 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo fundado na Coruña a comezos de 1934, polo anarquista arxentino de orixe grega, Antonio Fournerakis, o palentino retornado de América, Ildefonso González, e o zapateiro coruñés, Antonio Varela. Integrado na FAI e con grande influencia nas Juventudes Libertarias herculinas, comezou a súa andaina como editor do voceiro anarquista de igual denominación, disolveuse tralo asasinato de Fournerakis e Varela, en xullo de 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo integrado na FAI coruñesa desde 1935, que colaborou no xornal anarquista Brazo y Cerebro, en que deixou constancia das súas posturas contrarias ao estatuto galego e a prol dunha saída revolucionaria á crise económica e social da República. A súa representación na Federación local da FAI correu a cargo do peón coruñés José González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo xurdido na Coruña entre os anos 1922-1923 e integrado, entre outros, polos militantes cenetistas J. Arenas e R. García Lago, así como polo daquela estudiante, Emilio González López. Tiveron como voceiro o semanario anarquista de idéntica denominación, e o seu acto público máis relevante foi o multitudinario mitin celebrado na praza de touros coruñesa en setembro de 1923, poucos días antes da proclamación da Ditadura de Primo de Rivera, en protesta pola condena a morte do cabo Sánchez Barroso, implicado nunha tentativa de revolta contra o envío de tropas a Marrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de mulleres de ideoloxía anarquista que actuou na Coruña entre 1933-1935, e integrado na FAI. Entre as súas compoñentes destacan Sebastiana Vitales, retornada de EE UU, e a sindicalista Laura López. Na Fronte Popular, o grupo converteuse no xermolo da organización Mujeres Libres da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía, colector do gran val que se abre entre a Meseta sur, limitada pola gran falla do pé de Sierra Morena e as cordilleiras béticas (680 km de lonxitude e 57.120 km2 de conca). Nace na unión da serra de Cazorla coa do Pozo, desde onde o seu curso adopta a dirección NL. No canón do Tranco cambia de orientación cara a poñente ata Villa del Río; de aí vira cara ao O-SO ata preto de Sevilla, e finalmente desemboca no Atlántico en Sanlúcar de Barrameda. A súa pendente é regular, e desde Sevilla é tan feble que dá lugar a terreos de hidrografía imprecisa (Las Marismas), onde o río se divide en brazos (caños). Este tramo final está formado por aluvións recentes. O seu caudal en Cantillana, 30 km augas arriba de Sevilla, é de 164 m3/s. Os afluentes principais son, pola dereita, Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Vilar, Ribera de Huelva e Guadiamar; pola esquerda, Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones e Guadaira....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático, director de escena, pintor e pedagogo. Estudiou debuxo e pintura con Pere Borrell. Como artista plástico, a influencia do seu mestre levouno a un realismo rigoroso. Estudiou dirección de escena en París e en Barcelona, fundou o Teatre Íntim, desde o que combateu a rutina do teatro comercial. Como autor teatral a súa produción é plenamente modernista e oscila entre a alegoría, como en Nocturn (1896), e o naturalismo máis estricto con Els pobres menestrals (1908). Logrou o éxito con Misteri de dolor (1904). Entre a súa extensa produción cómpre destacar tamén La fi de Tomàs Reynalds (1905), Donzell qui cerca muller (1910), Les alegres comediantes (1913) e Foc de muntanya (1934). En 1913 foi director da Escola Catalana d’Art Dramàtic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Guayas, en Ecuador (1.973.880 h [1997]). Está situada na confluencia dos ríos Daule e Babahoyo. É a cidade máis poboada do estado e o porto principal. Ten industrias de refinado de petróleo, químicas, téxtiles, de fabricación de cemento, alimentarias e estaleiros. Establecida por Sebastián de Benalcázar (1535), foi fundada como cidade (1538). Centro produtor de cacao durante a época colonial, S. Bolívar anexionouna á República de Colombia (1822) e a partir de 1830 integrouse no Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Ecuador, no Pacífico, situado entre a punta de Santa Elena e o cabo Blanco (Perú).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Director do Museo Diocesano de Lugo. Licenciado en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca, foi profesor de seminario (1952-1990). Traballou na recollida de pezas artísticas da diocese lucense. Colaborou en El Progreso, Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo e Lucensia. Escribiu Avelino González López, sacerdote según el corazón de Jesús (1964), El apóstol de Galicia, Ramón María García Abad (1966), Pequeña historia de cinco lucenses ilustres (1997) e Vida popular (y novena) de San Froilán, patrono de Lugo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou exposicións en Cervo, Monforte de Lemos, Burela e outras vilas, e participou, entre outras mostras colectivas, en Exposición Homenaxe a Maruja Mallo (1995), Certame de Artes Plásticas de Lugo (1996) e Galicia Terra Única (1997). Ten obra no concello de Cervo. Recibiu a Mención de honra en Lugo Nova 92, o Primeiro Premio en Lugo Nova 94 e o Premio Cidade de Lugo en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Guerreiro, estudiou Belas Artes en Madrid e ampliou a súa formación en París e Italia. Realiza unha obra hiperrealista caracterizada polo dominio do debuxo e as tonalidades grises. Das súas obras destacan os murais da igrexa de San Bartolomeu de Xove. Realizou as ilustracións de A fonte da vida longa (1898) e Tras as portas do rostro (1992) de Marica Docampo. Fixo exposicións individuais e participou na III Mostra Unión Fenosa. Recibiu o Primeiro Premio de Pintura Lugo Nova 90 e foi finalista no Concurso de Ilustración de Libros de Cuentos Espasa-Calpe (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Toulouse e de Poitiers. Foi defensor dun antipapa pero, convencido por Bernaldo de Claraval, fíxose eremita e peregrinou a Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela, onde morreu (1138). A tradición teno identificado con don Gaiferos de Mormaltán. Na iconografía pode representarse imberbe ou barbado, vestido como cabaleiro ou como eremita, e leva como atributos un helmo, unha cota de malla, o manto negro dos guillermitas, escudo e lanza. A súa festividade celébrase o 10 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Aquitania (915-918), marqués de Septimania (886-918) e conde de Toulouse (Guillerme II, 886-887), de Auvernia, de Bourges, de Limoges, de Perigord e de Roergue. Cedeu a vila de Cluny aos beneditinos para fundar a abadía dedicada aos santos Pedro e Paulo (910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1066-1087) e duque de Normandie (Guillerme II, 1035-1087), fillo ilexítimo de Roberto I de Normandie. Declarado como lexítimo herdeiro á morte do seu pai, impuxo a súa autoridade nas rebelións nobiliarias normandas de 1047 coa axuda de Enrique I de Francia, de quen era vasalo. Casado en 1051 con Matilde de Flandres, á morte de Eduardo III de Wessex (1066) reclamou o trono inglés coa bendición papal e a neutralidade do emperador. En setembro de 1066 desembarcou en Pevensey e enfrontouse con éxito ás tropas anglosaxonas, lideradas por Harold II, na Batalla de Hastings. Tras ser coroado en Westminster, confirmou o seu carácter de vasalo do rei de Francia e reprimiu duramente a oposición anglosaxona. Durante o seu goberno estableceu en Inglaterra o modelo feudal europeo, disolveu os grandes condados e transferiu o dominio territorial aos seus baróns, pero centrou a xerarquía feudal sobre a efectiva autoridade real. Obrigou a recoñecer a xurisdición dos tribunais locais e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Aquitania e de Gascoña (1086-1127), fillo de Guillerme VIII de Aquitania. Participou na Cruzada de 1101, onde o seu exército foi derrotado polos turcos. Ao seu regreso a Francia invadiu sen éxito e en varias ocasións o condado de Toulouse. Entre 1120 e 1123 axudou a Afonso I de Aragón na loita contra os musulmáns. É o trobador máis antigo coñecido. Consérvanse da súa autoría once poemas amorosos, ademais doutros de tipo tabernario e obsceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 960? - Maillezais 1030) Duque de Aquitania (964-1030) e conde de Poitiers. Intitulouse a si mesmo duque de toda a monarquía de Aquitania, de tal xeito que acentuou a súa independencia do poder real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Aquitania e de Gascoña (1127-1137), fillo de Guillerme IX de Aquitania. Mecenas de numerosos trobadores, antes de morrer durante a súa peregrinación a Santiago de Compostela, cedeu o seu ducado a Luís VI de Francia e casou a súa filla, Leonor de Aquitania, co herdeiro ao trono francés, Luís Plantagenet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe V o 30 de setembro de 1716 a frei Pedro de Mosquera e Pimentel de Soutomaior, prior en Castela da orde de San Xoán de Xerusalén, para o seu sobriño Antonio Miguel Mosquera e Villar Pimentel e Sarmiento de Meira, señor de Vilar de Paio Muñiz e da casa de Guimarei. No s XIX o marquesado pasou á casa de Rubiáns. Trae as armas dos Mosquera: en campo de prata, cinco cabezas de lobo, de sable, lampasadas de goles, postas en aspa; no timbre presenta a coroa de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO