"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Físico ruso. Estudou as ondas electromagnéticas para a transmisión de sinais a distancia. Perfeccionou o aparello de Branly e ideou a antena. Construíu un aparello para rexistrar as descargas atmosféricas, denominado indicador de tempestades.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi arcipreste da catedral de Plasencia e provisor e vigairo xeral nesta diocese. En 1907 foi arcipreste capitular na diocese de Lugo, da que tamén foi vigairo xeral. Publicou Historia eclesiástica acomodada para servir de texto en los seminarios (1894-1895), Manual de gobierno de las monjas y religiosas en España (1907), Crónica de la octava peregrinación española, primera hispanoamericana a Tierra Santa y Roma (1911), Vida y pontificado del Ilmo. Sr. doctor don Pedro Casas y Souto, obispo de Plasencia (1911) e El Coro de la Catedral de Lugo (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Doutor en Dereito Canónico e Teoloxía, foi ordenado presbítero en Santiago de Compostela (1868). Dirixiu o Boletín Eclesiástico e destacou como orador e predicador. Das súas publicacións destacan Oración fúnebre pronunciada el día 17 de diciembre en la iglesia parroquial de Sta Eulalia de Rivadumia en las solemnes exequias del ilustre patricio Antonio Aparisi y Guijarro (1872) e Panegírico del beato Juan de Prado: Pronunciado en el solemne triduo que con motivo de la traslación de las reliquias del Beato (1890). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, situado no Alto Alentejo, Portugal (15.668 h [2001]). Situada ao pé da serra de São Mamede, reviviu a antiga tradición da tapizaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (6.084 km2; 127.018 h [2001]). A súa capital é Portalegre.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Portalegre ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Portalegre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Funcionario municipal que tiña conta da garda dos portais das murallas das vilas e cidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘porta’.
-
PERSOEIRO
Político chileno. Ministro de Interior e Asuntos Exteriores, perseguiu os liberais, inmobilizou os militares e respectou o poder eclesiástico e o dos terratenentes. Ditador constitucional desde 1835, a guerra contra Perú e Bolivia (1836) provocou un motín militar en Quillota (Valparaíso) en 1837 e foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador e guionista de cómic. Subdirector da mostra Viñetas desde o Atlántico e fundador do fanzine Interlínea (1983), promoveu en Radio ECCA o programa Arte Alfa, dedicado ao mundo da ilustración, e colaborou no Xabarín Club da TVG como Doutor TNT. Autor da serie “Os heresiarcas”, con debuxos de Das Pastoras, editada en Centroeuropa e EE UU, publicou algúns dos seus traballos en Atlántico Diario, Frente Comixario, Krazy Comics, El País e Totem, e a serie “O labirinto de pedra” (1995-2000) na revista Compostelán. Recibiu o premio ao mellor autor afeccionado (1991) da Casa da Xuventude de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Rio Grande do Sul, Brasil (1.320.069 h [2000]). Situada na beira esquerda do río Guaíba e ao NO da lagoa dos Patos, é un gran centro de inmigración, e o núcleo comercial do S do país. Posúe industrias químicas, téxtiles, do tabaco e do coiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira esquerda da ría de Viveiro, situada na parroquia de Suegos (O Vicedo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao condado Portucalense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación do territorio concedido ao conde Enrique de Borgoña, casado con Tareixa, filla de Afonso VI, e que gobernou a partir de 1095. A fronteira oriental ía desde o Miño ata o Tejo, e a fronteira oriental situábase ao N do Douro, entre Panóias e Bragança, e o S do Douro, entre Lamego e Côa. O límite sur marcábao o Tejo. O conde recibiuno como unha tenencia hereditaria con dereitos rexios sobre o territorio e exercía o goberno, mentres Afonso VI mantiña a titularidade do dominio. A súa independencia deu lugar ao nacemento do Reino de Portugal.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado ao NL de Bilbao, aglomeración urbana da que forma parte (51.066 h [2001]). A súa economía baséase na industria metalúrxica e eléctrica, e na actividade portuaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro técnico químico e empresario. Foi director da Cooperativa do Ribeiro (1972-1974), Cuevas y Cia. SA, presidente de Caixa Ourense (1984-1987), presidente de DROPIER e do consello de Marrón Glacé SL e de Arpón SL. Foi tamén deputado do Parlamento Europeo por Coalición Galega (1993-1994 e 1999) e secretario da Irmandade dos Vinhos Galegos. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Os viños de Galicia (1978), Manual de los vinos y aguardientes de Galicia (1992) e Metafísica del vino (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar ruso. Participou na Primeira Guerra Ruso-turca (1768-1774). Foi o favorito de Catarina II de Rusia (1774-1776), sobre a que tivo unha grande influencia política. Impulsou a anexión do Khanato de Crimea ao Imperio Ruso (1783) e a fundación de Sebastopol (1784). Organizou a Segunda Guerra Ruso-turca (1789-1791), pero non tivo éxito e perdeu a influencia política sobre Catarina II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. Foi membro do comité central do PCUS, do que foi separado en 1921, por defender as teses de Trostki. Teórico da Revolución Rusa, propuxo investigar que lei económica presidía o desenvolvemento da economía de transición na URSS, que o levou a elaborar o concepto de acumulación socialista primitiva. Morreu executado. Escribiu Novaja Ekonomija (1926) e, con N. I. Bukharin, Bukvar’ Kommunizma (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Levar algo á vitoria entre diferentes cousas concorrentes en competencia.
-
Destacar ou preponderar unha cousa sobre outra.
-
-
-
Acción de prevalecer.
-
Principio constitucional que comporta a preferencia de aplicación das normas de estado sobre as das comunidades autónomas, en caso de conflito, nas materias que non seguen a súa exclusiva competencia.
-