"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Fernando I das Dúas Sicilias.
-
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1295-1312), fillo de Sancho IV e María de Molina. Trala morte do seu pai (1295), herdou o trono, aínda que non reinou ata 1301, cando foi declarado maior de idade. Durante o goberno da súa nai, a nobreza galega, asturiana e leonesa organizaron varias conspiracións fallidas nas que chegaron a coroar o infante Xoán de Tarifa como rei de Galicia, Asturias e León (1296) e que supuxeron a perda para Galicia das súas cortes e da súa representación nas cortes castelás. Asinou a sentenza arbitral de Torrellas, na que se fixaron os límites co Reino de Aragón, e o Tratado de Alcalá de Henares (1309), polo que os reinos de Portugal, Aragón e Castela estableceron un plan conxunto para acabar co Reino de Granada, que culminou coa toma de Xibraltar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando II de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bioko.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando II.
-
PERSOEIRO
Rei de España (1746-1759), terceiro fillo de Filipe V e da súa primeira muller, María Luísa Gabriela de Savoia. Recoñecido como príncipe de Asturias en 1724, accedeu ao trono trala morte do seu pai (1746). Dominado pola súa muller, Bárbara de Bragança, rodeouse dun equipo de ministros reformistas, integrado polo marqués de la Ensenada, José de Carvajal e o xesuíta Francisco Rávago. No plano internacional promoveu unha política pacifista con Francia e o Reino Unido. Asinou coa Santa Sé o Concordato de 1753, no que se atribuía ao rei o padroado da Igrexa, e con Portugal o Tratado de Madrid (1750), polo que os portugueses cedían o N do Río de la Plata a cambio dos territorios das reducións xesuíticas dos indios guaranís, o que acabou provocando a Guerra Guaranítica (1754-1756). No interior, seguindo os preceptos da Ilustración, favoreceu o comercio internacional, a creación dunha rede viaria e o desenvolvemento da construción naval, que en Galicia se plasmou coa reapertura do correo marítimo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de España (1808; 1814-1833), fillo de Carlos IV e de María Luísa de Parma. Durante o reinado do seu pai dirixiu a oposición ao ministro Godoy e liderou a revolta coñecida como Motín de Aranjuez que provocou a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu favor (1808). Coa arbitraxe entre pai e fillo promovida por Napoleón e convocados en Baiona, devolveu a coroa a Carlos IV, que á súa vez lla entregou a Napoleón Bonaparte (abdicacións de Baiona). Foi enviado ao castelo de Valençay, desde onde seguiu o desenvolvemento da guerra contra Napoleón. Rematada esta, volveu a España (marzo de 1814), e desde València e co apoio dos asinantes do Manifesto dos Persas, promulgou o decreto que invalidaba toda a obra constitucional das Cortes de Cádiz. Non obstante, os primeiros anos do seu reinado estiveron salpicados por diversas revoltas, encamiñadas a resucitar a Constitución de 1812, e pola insurrección das colonias...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo galego que procede do xermánico *Frithunanths, composto do godo *frithu- ‘paz’ e o adxectivo *nanths ‘valente, ousado’. Ten a variante Fernán (forma apocopada moi usada na Idade Media, sobre todo ante patronímicos) e os hipocorísticos Nando, Nano e Nan. Como nome persoal xa se documenta no s X en latín hispánico: Fredenandus, Frenandus e Fernandus. Este nome deu lugar ao apelido Fernández, un dos máis frecuentes da Península. Entre os santos que levan este nome destaca Fernando III o Santo (1199-1252), rei de Castela e de Galicia e León, celebrado o 30 de maio, e un abade de Antealtares en Compostela, celebrado o 6 de decembro. Na tradición oral recóllense ditos como: “San Fernando trae as moscas, san Eneón trae o moscón”, “Ir no coche de san Fernando: un pouquiño a pé e outro pouquiño andando”, “Se chove por san Fernando, o mozo ri e chora o amo”, “San Fernando, trinta...
-
PERSOEIRO
Poeta portugués. Activo durante o s XV, só se coñece unha cantiga da súa autoría, “Do Port and e vou mudar”, copiada no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana co número 387; no lugar correspondente do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, a composición non foi recollida, pero aparece, en cambio, o número 803 coa apostila colocciana “deest”. Trátese dun texto introducido tardiamente nos apógrafos italianos aproveitando o espazo en branco presente no seu antecedente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Orixinario da comarca do Ferrol, pertencía á familia nobre dos Esquio. As súas composicións revelan certa vinculación coas vilas de Santiago e de Lugo, e posiblemente estivo en contacto coa corte de don Denís e coa corte señorial dos Traba. Aínda que un sector da crítica o ten identificado con Fernan do Lago, investigacións máis recentes negan estan posibilidade. Activo entre finais do s XIII e inicios do XIV, o seu cancioneiro componse de dúas cantigas de amor, catro de amigo e tres de escarnio, das que unha (“Dis[e] hum infante anta sa companha”) non está exenta de problemas de autoría; na cantiga de escarnio “A vós, dona abadessa” introduce o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta do Cancioneiro Geral (ss XV-XVI) de Garcia de Resende e irmán de Diogo Brandão. Tamén coñecido como Fernão Brandão Pereira, traballou na corte portuguesa ao servizo da Raíña Isabel, primeiro, e do infante Fernando, despois. Escribiu varias composicións en portugués e castelán, e axudou ao seu cuñado Francisco de Pina a concluír a Crónica de D. Manuel, que o seu sogro, Rui de Pina, deixara incompleta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Da súa obra destacan Arte histórica y legal de conocer la fuerza y uso de los derechos nacional y romano de España (1747) e Tratado legal y político de caminos públicos y posadas (1755).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor teatral e cinematográfico. En 1972 creou a súa propia compañía teatral. Entre as súas interpretacións destacan obras de Anouilh, Valle-Inclán ou Ionesco. Traballou tamén para televisión na serie Verano Azul (1981). Participou en moitas producións cinematográficas, como Volver a empezar (1982), galardoada co Oscar en 1982, e Puta miseria! (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo flanqueado: o xefe e a punta, de prata, cunha ferradura, de azul; os flancos, de goles, cunha estrela, de ouro. Outra variante leva, en campo de azul, unha cruz de Santiago.
-
PERSOEIRO
Sacerdote franciscano. Formado no colexio de Misiones de Santiago de Compostela, foi mestre de novicios e de coristas, reitor e vicario do colexio e definidor da Provincia. Foi o primeiro director da revista El Eco Franciscano, fundada en Santiago de Compostela en 1884, e colaborador do xornal madrileño El Siglo Futuro. Das súas obras destacan La reforma ao sea nueva organización (1891), Un Concilio celebrado en Lugo el año 569: Estudio histórico (1893), Catálogo de las Sagradas Reliquias existentes en el Colegio de los PP Franciscanos de Santiago (1902) e Apuntes históricos relativos al Colegio de PP Misioneros Franciscanos de Santiago desde 1856 a 1896 (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Flandres e Hainaut (1211-1233), fillo de Sancho I de Portugal. Casou en 1212 con Xoana de Flandres, polo que se converteu no sucesor de Balduíno IX de Flandres. Vasalo do monarca francés, aliouse contra el xunto a Xoán sen Terra e Otón IV, feito que ocasionou que o apresaran os franceses e trasladaran a París, onde acabou cedendo as vilas de Lille, Doual e Sluis a cambio da súa liberdade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1976) pola Universitat de València, dirixiu o Departament de Filologia Catalana (1983-1992) e o Institut de Filologia Valenciana (entre 1983-1986 e en 1992). Membro da Secció Filològica do Institut d’Estudis Catalans, dirixiu a colección filolóxica Biblioteca Sanchis Guarner e a revista Caplletra. Dedicado basicamente á historia da lingua, á historia da literatura e á edición de textos, publicou, entre outros, os libros Consciència idiomàtica i nacional dels valencians (1980, Premi de la Crítica del País Valencià) e Els certàmens poètics valencians (1983, Premi Milà i Fontanals do IEC).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela (1990). Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, traballa fundamentalmente no campo da lingüística histórica galega e da edición de textos antigos (medievais, medios e decimonónicos) da historia cultural e literaria galega. Coordina o labor científico da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor e dirixe a Revista Galega de Filoloxía da Universidade da Coruña. Ademais de ser autor de numerosos relatorios, artigos e colaboracións en publicacións especializadas, cómpre destacar os seus libros Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia) (1991); As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos (1992); Poesía Galega Completa, de E. Pondal (vol I, Queixumes dos Pinos, 1995; vol II, Poemas Impresos, 2001; vol III, Poemas Manuscritos, 2002), Gramática Histórica...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pol. Construída no s XVII, ten nave rectangular con cuberta a dúas augas e capela maior de planta cadrada con cuberta a catro augas. Ao pé da nave sitúase un pórtico sobre o que se erixiu a espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica. Graduouse na Escuela Oficial de Artes Aplicadas de València (1972) e realizou estudios de artes en París e de historia da arte en Florencia. Nos anos setenta e oitenta cultivou a pintura, a escultura, o debuxo e o deseño e, despois de residir en diferentes cidades, instalouse na Coruña. Dende comezos da década de 1990 realizou traballos fotográficos. Das súas obras destacan as series Heterofobias e Soños (1997), nas que empregou a pintura fotográfica, e Luz. Realizou exposicións en diversas cidades e participou, entre outras, na feria ARCO (1998).
VER O DETALLE DO TERMO