"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Nome búlgaro do río Nestos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que profesa unha arte mecánica. No Antigo Réxime formaban parte dun gremio ou dunha confraría (a diferenza dos artistas, que se agrupaban en colexios). Constituíron un estamento social moi definido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estamento dos mesteirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Necesidade ou falta de algo.

    2. Traballo manual que realiza unha persoa.

    3. Traballo ou ocupación á que se dedica unha persoa.

    4. Escola poética castelá que se desenvolveu entre os ss XII e XIV. A denominación significa “mester ou ocupación de homes cultos”, en contraposición a mester de juglaría. O seu primeiro representante coñecido foi Gonzalo de Berceo e o último o chanceler Pero López de Ayala. Pertencen a este xénero obras como os anónimos Libro de Apolonio (1250?) e o Libro de Aleixandre (1230-1250?) e, en parte, o Libro del Buen Amor, de Juan Ruiz, Arcipreste de Hita, do s XIV. O metro característico desta escola é a caderna vía e neles trátanse temas relacionados con asuntos relixiosos, outros inspirados na Antigüidade e mesmo épica nacional.

    5. Escola poética castelá de tradición oral. Acadou o seu maior esplendor nos ss XII e XIII, aínda que no s XIV tamén se cultivou. Os temas, a diferenza do mester de clerecía, céntranse en feitos nacionais e fazañas históricas, e o metro característico é a tirada de versos irregulares asonantes. O aspecto lírico desta escola proxectouse a toda a literatura popular castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da wilāya homónima, Alxeria (124.399 h [1998]). É o centro dunha rexión agrícola de viños e cítricos e conta cun porto exportador de la e dos produtos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (1.977 km2; 631.057 h [1998]). A capital é Mestghanem.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cruzamento de dúas razas ou dúas variedades distintas.

    2. Conxunto de individuos que resultan dunha mestizaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen naceu de pais de razas diferentes.

      2. Que ou quen é descendente directo de branco ou india ou viceversa.

    1. Que ou quen xorde do cruzamentos de dúas razas ou variedades distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por elementos numerosos e moi xuntos entre si.

    2. Que está moi xunto en relación con outros elementos do conxunto.

    3. Que ten moita masa en relación ao seu volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unir algo co mestoiro ou a mesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo ou xurisdición dun mestre dunha orde militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Taller onde se reparaba e construían as pezas de artillaría e outro tipo de armas.

    2. Conxunto de operarios que se ocupan nos estaleiros da construción e reparación de buques.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que, con título oficial, exerce o ensino primario, anterior ao secundario ou bacharelato.

      2. Persoa que, con ou sen título oficial ensina unha materia.

      3. Persoa ou cousa que serve de lección ou ensino e da que se aprende moito e bo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A mellor mestra é a experiencia”.

      4. Persoa de gran sabedoría ou habilidade nunha ciencia ou arte ou nalgún aspecto da vida. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ninguén naceu sendo un mestre”.

      5. Persoa que chegou ao grao máximo no seu oficio.

    1. Grao superior da organización gremial (ss XIII-XIX), ao que se chegaba despois duns anos de aprendizaxe, de oficialidade e da realización dun exame rigoroso. Confería a plenitude de dereitos económicos e sociais, aínda que existía unha diversidade de situacións económicas que se dividían entre os mestres que eran realmente independentes, un grupo reducido e minoritario que gobernaba os gremios; os mestres formalmente independentes que se atopaban sometidos a colegas máis ricos, ou a mercadores, e os mestres dependentes que traballaban a xornal, e que constituían probablemente, a metade dos agremiados.

      1. Nome dado a Xesús Cristo polos seus discípulos no Novo Testamento.

      2. Título dado antigamente aos eclesiásticos, en especial aos dominicanos, que obtiveran o grao supremo en calquera das facultades de Filosofía, Teoloxía ou Dereito. Tamén equivalía a doutor.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro do Partido Republicano e cónsul de Guatemala e La Habana en Vigo, onde fundou o xornal ilustrado Pero Grullo (1881) e o semanario La Víbora (1887-1888). Recibiu varios premios polas súas composicións poéticas e publicou Cartas abiertas (1874), Letrillas y epigramas (1878) e La República española y las elecciones en Galicia (1886). Escribiu a peza dramática La petaca de D. Juan que non chegou a publicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra monástica anónima reunida arredor do s VI en Roma. Formulou os temas básicos da vida monástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Coñecido como Heracles, destacan os seus traballos sobre a cultura catalá e foi un dos primeiros en estudar a influencia do Camiño de Santiago na literatura europea. Da súa obra, fragmentaria, destacan El camí de Compostel·la. Sant Jaume de Galícia (1863), Les palmes als Països Catalans (1868) e a novela de peregrinacións coñecida como Cavall mort (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Criado principal que asistía a mesa dun señor e que probaba os alimentos para evitar posibles envelenamentos.

    2. Responsable de camareiros que dirixe o servizo das mesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade canónica dos capítulos catedralicios estruturada no s XII como sucesora dos scolastici ou magistri do século anterior. Cando se crearon os seminarios, os que tiñan o título reconvertéronse en profesores titulares de teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habilidade para facer ben unha cousa que non é doada.

    2. Dignidade ou grao de mestre.

    VER O DETALLE DO TERMO