"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Kujawsko-Pomordkie, Polonia (102.344 h [2000]). Porto fluvial situado na beira dereita do Vístula. Ten industria química, metalúrxica, de cerámica e de tapicería. Fundada pola orde teutónica no s XIV, pasou a ser polaca en 1466, aínda que entre 1772 e 1918 pertenceu a Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Nicolao, as murallas da cidade (s XIV) e o colexio dos xesuítas (ss XVI-XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á ave rapaz adestrada para cazar grúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político israelí. Coñecido polo nome hebreo de Ben Gurion, en 1906 estableceuse en Palestina e traballou nas primeiras cooperativas agrarias xudías. Colaborou na organización da Lexión Xudía, integrada no exército británico, en que el mesmo se alistou en 1918. Regresou a Palestina baixo o mandato británico (1918) e participou na fundación da Federación Xeral do Traballo (Histadrut) e do Partido Unido dos Traballadores (Mapai). En 1935 presidiu o comité executivo da Axencia Xudía, que actuaba como goberno da comunidade xudía en Palestina. Proclamado o Estado de Israel, foi nomeado primeiro ministro (1948-1953 e 1955-1963), cargo desde onde fomentou a inmigración xudía e o desenvolvemento das terras desérticas. En 1970 retirouse da política. Morreu nun kibbutz, onde pasou os últimos dez anos da súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e erudito galés. Dos seus estudios destaca Llendiaeth Cymru o 1450 hyd 1600 (1906), e dos seus poemarios Trystan ac Esyllt (1902) e Yns yr Hud (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos grúidos.

    2. Ave da familia dos grúidos.

    3. Familia de aves zancudas, da orde das gruiformes, á que pertencen as grúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás gruiformes.

    2. Ave da orde das gruiformes.

    3. Orde de aves de pescozo longo e esvelto, patas longas, peteiro longo e forte coas aberturas nasais situadas na metade deste. Comprende moitas familias de aves entre elas a das grúas típicas, as galiñas de auga, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rapaz que aprende o oficio de mariñeiro e axuda á tripulación facendo os traballos de limpeza ou outras tarefas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa pequena de substancia pulverulenta aglomerada ou de substancia líquida coagulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten grumos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hans Baldung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anton Alexander Auersperg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matthias Gothart [Neithardt].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Son que emite o porco e outros animais semellantes.

    2. Son ronco que emiten algúns animais para ameazar ou manifestar o seu malestar.

    3. Son non articulado ou palabras ditas entre dentes que expresan un sentimento ou actitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen gruñe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir gruñidos o porco e outros animais semellantes.

    2. Emitir algúns animais sons roncos que manifestan enfado ou advertencia, especialmente o can.

    3. Mostrar enfado ou desgusto murmurando entre dentes ou emitindo sons non articulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘porco’.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘corte’ e ‘cortello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de arquitectos creada en Barcelona en 1951 por Oriol Bohigas, Josep A. Coderch. J. Gili, J. M. Martorell, A. de Moragas, J. Pratmarsó, J. M. Sostres e M. Valls. Disolveuse en 1961. O seu obxectivo foi inserir o estudo de arquitectura dentro dunha problemática artística, social e técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada pola Biblioteca Pública de Narón a partir da primavera de 1992. Subtitulouse “Revista de creación e crítica literaria”. Coordinada por Mª do Carme Bar Cendón, centrouse no mundo dos libros, das bibliotecas e da literatura en xeral. Da súa redacción cómpre salientar as colaboracións do Grupo Crítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adorno musical que consiste en executar notas máis rápidas ao redor dunha do discurso melódico. Modernamente indícase co signo <H>T </H>(comeza coa nota superior á central) ou co signo invertido T (iniciado coa nota inferior).

    VER O DETALLE DO TERMO