"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Xénero de plantas herbáceas e bulbosas, da familia das liliáceas, con follas lineares e longas e inflorescencia en umbela que se sitúa no extremo dun escapo, e que sobresae moi pouco por riba do nivel do chan. A este xénero pertence a especie S. lutea, que é orixinaria de Provenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Da súa filmografía destacan Alice Adams (1935), A Place in the Sun (1951, Oscar ao mellor director en 1952), Shane (1953), Giant (1956, Oscar ao mellor director en 1957), The Diary of Anne Frank (1958) e The Only Game in Town (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Partidario da economía libre, o seu pensamento evolucionou cara a unha maior comprensión do marxismo. O seu artigo “The Cost of Subsistence” (1945) foi precursor da programación lineal. Das súas obras destaca Prodution and Distribution Theories (1941), Theory of Prices (1952) e Essays in the History of Economics (1965). En 1982 recibiu o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico irlandés. Como físico estudou a dinámica dos fluídos e investigou a fluorescencia e a difracción da luz, e estableceu a primeira e segunda lei de Stokes. Como matemático formulou un teorema sobre as integrais de superficie (1849) e estudou a converxencia das series.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Albany, filla do príncipe Gustavo-Adolfo de Stolberg-Gedern. Casou co pretendente ao trono inglés, Carlos Eduardo Stuart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Escribiu cancións patrióticas e de lírica amorosa, ademais de traducións do grego (Sophokles, 1787) e do latín. Co seu irmán Friedrich Leopold Stolberg-Stolberg (Bramstedt 1750- Castelo de Sondermühlen, preto de Osnabrück 1819) compuxo os Vaterländische Gedichte (Poemas patrióticos, 1820) e formou parte do grupo Göttinger Hain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático irlandés. Estudou a estrutura da materia, a teoría cinética dos gases, as ondas e a electricidade, na que introduciu o termo electrón e tentou calcular a súa carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fonetista e romanista francés. Doutor polas universidades de Praga e de Estrasburgo, impulsou a Revue de linguistique romane desde a súa reaparición en 1953 e fundou os Travaux de Linguistique et de Littérature (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Israel Strassberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Estudou a división celular, o papel dos cromosomas na reprodución dos vexetais, as diferentes etapas da mitose e o transporte de auga nas plantas. Escribiu Die Angiospermen und die Gymnospermen (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral e pedagogo austríaco. Coñecido como Lee Strasberg, foi o creador, influenciado pola psicanálise, do método Stanislavskij, un sistema de ensino que se basea na memoria emocional á que recorre o actor para facer xurdir unha emoción real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Foi director de orquestra en Múnic e Berlín e director xeral da ópera de Viena (1919-1924). Cultivou a música tonal, da que destacan Don Juan (1889), Till Eulenspiegel (1895), Also sprach Zarathustra (Así falou Zarathustra, 1897), Sinfonia Domestica (1904) e Eine Alpensinfonie (A sinfonía dos Alpes, 1915). No campo dramático amosouse moi audaz, especialmente en Salomé (1905), con texto de O. Wilde. Con Elektra (1908) iniciou a colaboración co escritor H. von Hoffmannstal. Outras obras foron Der Rosenkavalier (O cabaleiro da rosa, 1911), Ariadne auf Naxos (1916), Intermezzo (1924), Arabella (1933) e finalmente Capricio (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral italiano. Deu unha dimensión especial aos textos de Goldoni, Pirandello, Brecht, Dürrenmatt, Shakespeare e outros. A reflexión sobre o pasado e o presente da expresión dramática é un dos seus obxectivos. Destacan as montaxes O criado de dous amos, de Goldoni; A boa persoa de Sezuan e A vida de Galilei, de Brecht, O rei Lear, de Shakespeare, e Faust, de Goethe. En 1992 foi nomeado presidente da Unión de Teatros de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou todos os xéneros, sobre todo o teatro, e revolucionou o uso do idioma sueco. Da súa produción destacan Mäster Olof (1872), Röda rummet (A cámara vermella, 1879), Hemsöborna (A xente de Hemsö, 1887), Giftas (Casade, 1884), Fädren (O pai, 1887), Fröken Julie (A señorita Xulia, 1888), Till Damaskus (Cara a Damasco, 1898-1904), Ett drömspel (Un soño, 1902), Ensam (Solitario, 1903) e Bla Böcker (Libros azuis, 1907-1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico sueco. Foi profesor nas universidades de Chicago e de Copenhaguen. Desenvolveu a teoría das nubes luminosas interestelares, denominadas esferas de Strömgren, que están formadas por hidróxeno ionizado por estrelas a altas temperaturas, e estudou a clasificación espectral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista alemán. Foi director do observatorio da Universidade de Dorpat (actual Tartu) e fundador e director do observatorio de Pulkovo. Dedicado ao estudo de estrelas dobres, débeselle un catálogo de 3.600, Stellarum duplicium mensurae micrometricae (Medida micrométrica das estrelas dobres, 1837). Tamén organizou e dirixiu numerosas operacións de triangulación no territorio ruso, observou a pasaxe do cometa Encke (1828) e mediu a paralaxe de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi redactor de El Ideal Gallego e Faro de Vigo, subdirector de La Voz de Asturias e colaborador de La Voz de Galicia. En 1967 incorporouse a RTVE. Destacan as obras Comer en Galicia (1981), Cocina y vinos de Galicia (1982), Galicia: las mil y una fiestas (1983), Galicia: romería interminable (1983), en colaboración con A. Nieto, e El libro del marisco (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de coeficiente de sedimentación, que equivale a 10-13 segundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador, teósofo e místico. Coñecido como Emanuel von Swedenborg, consagrouse ao estudo das ciencias e á investigación técnica, e entregouse á especulación místico-relixiosa. Publicou Arcana caelestia (1749-1765), De nova Hierosolyma (1758) e Vera christiana religio (1771).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico sueco. Estudou na Uppsala University, onde se doutorou en 1907. Dirixiu o Gustaf Werner Institute de Química Nuclear da Uppsala University. Das súas obras destacan Die Methoden zur Herstellung kolloider Lösungen anorganischer Stoffe (1909) e Die Existenz der Moleküle (1912). En 1926 recibiu o Premio Nobel de Química, polos seus traballos sobre os coloides, as solucións e a separación de partículas por ultracentrifugación.

    VER O DETALLE DO TERMO