Sternbergia
Sternbergia
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas e bulbosas, da familia das liliáceas, con follas lineares e longas e inflorescencia en umbela que se sitúa no extremo dun escapo, e que sobresae moi pouco por riba do nivel do chan. A este xénero pertence a especie S. lutea, que é orixinaria de Provenza.