Stern-Gerlach, experimento de

Stern-Gerlach, experimento de
[FÍS]

Experimento que foi efectuado por O. Stern e W. Gerlach en 1922, que confirmou a cuantificación do espazo e fixo posible a medición dos momentos magnéticos dos átomos neutros no estado fundamental. Observaron que, ao pasar un feixe de átomos de prata a través dun campo magnético non uniforme, este se divíde en dúas compoñentes: unha na dirección e no sentido do campo magnético e outra na oposta. A técnica deste experimento foi ampliada por Rabi en 1939.

Palabras veciñas

Stern, Isaac | Stern, Otto | Stern, Wilhelm | Stern-Gerlach, experimento de | Sternberg, Jonas | Sternberg, Josef von | Sternbergia