"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Artista plástico suízo. Formouse en Karlsruhe e en París. Artista polifacético, abriu un taller de bordados en Florencia (1892), que continuou en Múnic (1894), cultivou a escultura e deseñou mobles. A súa obra reflicte constantemente un movemento ondulante propio do Jugendstil. Foi cofundador da revista Vereinigte Werkstätten für Handwerkskunst (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cumprimento exacto daquilo que prescribe unha lei, unha regra ou unha relixión.

    2. Respecto ou obediencia a un superior.

    3. Observancia máis estrita da regra en certas ordes relixiosas, como na dos beneditinos ou na dos carmelitas, entre outras. Prodúcese como consecuencia dunha reforma, en contraposición a ulteriores evolucións ou desviacións dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de reforma da orde franciscana que se iniciou en Italia no s XIV, e que se estendeu por Europa a finais dese século. Despois de dividirse en varias ramas, foi unificado por León XIII (1897) co nome de frades menores franciscanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que observa.

    2. Que ou quen é fiel á práctica dunha relixión ou dunha regra.

    3. Membro dunha rama franciscana que se caracteriza por unha observancia máis estrita da regra con respecto á pobreza, en oposición aos conventuais (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que obsesiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • idro volcánico que se corresponde na súa composición coas riolitas. É de cor negra ou moi escura, e presenta unha fractura concoidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituír algo un obstáculo para a realización doutra cousa. OBS: Adoita empregarse en terceira persoa e en oracións negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao triángulo que ten un ángulo obtuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Construíuse en estilo románico durante o s XII, aínda que foi reformada durante o s XVIII. Consta de nave única e ábsida semicircular con cuberta abovedada e unida a un corpo rectangular do presbiterio. Destaca a decoración interior, cunha fileira de canzorros, que percorre a nave e a ábsida. A fachada foi reedificada en 1769, con porta arquitrabada, xambas lisas e lintel rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Desde 1539 foi cronista real de Carlos I. Escribiu Crónica general de España, en 5 volumes (1543-1553), que abranguía ata o s III a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante de orixe galega. Estableceuse desde 1501 en La Española, actual Santo Domingo, e en 1508 Nicolás de Ovando, gobernador da illa, ordenoulle explorar as costas de Cuba e probablemente demostrou a súa insularidade. En 1512 trasladouse a Darién, onde fixo amizade con Vasco Núñez de Balboa, que o enviou como representante ante a Casa de Contratación de Sevilla; durante a travesía fixo escala en Cuba e axudou a Diego de Velázquez na conquista da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso agostiño. Foi prior dos convetos de Estella e de Santiago de Compostela, reitor do Colegio de Teólogos de Valladolid e definidor xeral da súa orde. Publicou Oración fúnebre en las solemnísimas exequias que a la tierra y grata memoria del Ilmo. y Rmo. D. Bartolomé de Rajoy y Losada [...] (1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado en La Mesa de Ocaña, no límite con Madrid (6.441 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro, cunha industria diversificada. Destaca a igrexa gótica de San Juan (s XV) e as ruínas do palacio dos duques de Frías (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Foi xefe de fotografía do xornal Diario de Cuba (1939) e colaborou con xornais como El Mundo. As súas fotografías mostran algúns dos acontecementos máis importantes da historia de Cuba, como o asalto ao cuartel da Moncada ou o desembarco do Gramma, pero tamén fixo fotografías en que retratou o día a día da sociedade cubana, as regatas ou os bailes no Centro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista. Destacou como escalador e conseguiu a medalla de bronce no campionato do mundo de Montjuïc (1973). Gañou dúas veces o campionato de España (1968 e 1972), a Vuelta a España (1970) e o Tour de France (1973), ademais de nove etapas na carreira francesa e seis na proba española. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Francia (190.000 km2; 15.900.000 h [estim 1990]). Limita, ao O, co Océano Atlántico, ao SL co Mar Mediterráneo, ao L penetra en Piemonte, no territorio do actual estado italiano, e toca Liguria. A liña que marca a delimitación setentrional describe dúas curvas pequenas nos extremos e unha grande no centro, e deixa do outro lado desta liña, de L a O, Savoia, a parte alta de Delfinado e de Auvernia, condado da Marca, Limoges e Poitou; a parte meridional limita co Pays Basque francés, Aragón e Catalunya. Occitania componse das rexións de Gascoña, Guyenne, Lemosín, Auvernia, Delfinado, Provenza e Languedoc. Sobre esta división autóctona e tradicional o centralismo francés impuxo a división administrativa en rexións e departamentos, resultado da Revolución Francesa. De acordo con esta división, Occitania quedou comprendida (aínda que os límites non coinciden totalmente) nas rexións administrativas de Aquitania, Lemosín, Auvernia, Rhône-Alpes, Provenza-Alpes-Costa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento político-cultural que busca recuperar a nacionalidade de Occitania en oposición á política centralista de Francia.

    2. Elemento lingüístico propio da lingua occitana ou que procede dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao occitanismo.

      2. Seguidor do occitanismo.

    1. Persoa estudosa da lingua e a cultura occitanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de occitanizar ou de occitanizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO