Ocaña
Ocaña
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado en La Mesa de Ocaña, no límite con Madrid (6.441 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro, cunha industria diversificada. Destaca a igrexa gótica de San Juan (s XV) e as ruínas do palacio dos duques de Frías (s XV).