"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que ten as beiras das mandíbulas dentadas.
-
-
Que desprende olor.
-
Substancia que se engade a un medicamento para darlle ou modificar o seu olor.
-
-
PERSOEIRO
Erudito e investigador. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e realizou investigacións no campo bibliográfico, histórico, musicolóxico e no das ciencias naturais. Bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata 1981, destacou como especialista do mundo das flores, especialmente da camelia, e impartiu numerosos cursos sobre floricultura e xardinaría no Centro Forestal de Lourizán. Publicou diversos artigos bibliográficos relacionados co mundo da imprenta, sobre todo unha serie de estudos dos obradoiros tipográficos de Juan Parix en Segovia (1472-1474), coñecida como a primeira imprenta que funcionou en España, ou mesmo outros relacionados cos traballos do tamén impresor Agustín de Paz en Mondoñedo. A través das súas investigacións coñecéronse datos e recuperáronse libros moi importantes da imprenta en Galicia, como o Misal Compostelano (1495), o Manual Auriense (1510) e o Manual Compostelano (1543). Ademais, elaborou numerosos catálogos musicais, como Homenaje a Sergio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Johannes Hausscheim.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos túrdidos, que presentan a cabeza ancha, o peteiro recto e ollos de gran tamaño. En Galicia aparecen o chasco cinsento (O. oenanthe) e o chasco louro (O. hispanica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das apiáceas, que presentan o talo groso, as follas pinnatisectas, as flores de cor branca e dispostas en umbelas, con numerosas brácteas, froitos globosos e con costelas. En Galicia aparece a especie O. crocata que é casusante de moitas intoxicacións mortais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hans Christian Ørsted
-
RIOS
Río de Campania e de Puglia, Italia, que ten unha lonxitude de 165 km. Nace ao S dos Apeninos de Campania e desemboca ao NO de Barletta, no golfo de Manfredonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen oferta.
-
-
Que oficia.
-
Persoa que participa como axente principal nunha cerimonia litúrxica, especialmente o sacerdote que celebra a misa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en 1931 pola Sociedade de Nacións encargada de proseguir coa obra de Fridtjof Nansen. Cesou as súas actividades en 1938 e tivo como sucesor o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1938) pola súa obra de asistencia aos refuxiados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bureau International Permanent de la Paix.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ofrenda que realiza o xefe do estado de España, ou unha persoa en que delegue, ao Apóstolo Santiago o día da súa festividade, o 25 de xullo. Foi instituída en 1643 por Filipe IV, realízase durante a celebración da Eucaristía e a ofrenda é respostada polo arcebispo compostelán.
-
GALICIA
Mestre. Presidiu a Asociación Provincial de Maestros de Pontevedra e a Asociación Nacional del Magisterio (1901). Publicou La escuela española de Instrución Primaria, conforme las necesidades sociales (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, mestre e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) e en Dereito (1950) pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a docencia en diferentes centros de Pontevedra (1940-1943), Lugo (1943-1949), Astorga (1949-1954) e Ourense (1954-1983). Integrouse nas Mocidades Galeguistas antes da Guerra Civil Española e presidiu a Caixa de Aforros de Ourense (1981). Colaborador de varios xornais e revistas e está considerado como o máximo bibliófilo galego. Publicou, entre outras obras, Dolor y olvido de López Ferreiro (1939), La biblioteca ideal de un cura mindoniense del siglo XVI (1947), Cuatro grandes juristas orensanos (1960), La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973), Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980), Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997) e Otero Pedrayo, orador (2001). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e compositor inglés. Formado en Manchester, compartiu con V. Ashkenazy o primeiro premio de interpretación do concurso Chaikovski de Moscova (1962). Posuidor dunha técnica depurada, destacou como intérprete de Liszt e Busoni. Compuxo algúns concertos para piano e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de A. Casella, empregou elementos tradicionais andaluces e africanos. Fundou o grupo Zodiaque (1946) como reacción á corrente posromántica que invadía a música da época. Das súas obras destacan Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1950), o ballet Prométhée (1956), o concerto de cámara Syllabaire pour Phèdre (1968), o Concerto pour piano e orchestre (1980-1981) e a ópera La Célestine (1988). Recibiu o Prix National de Musique (1975) e a Légion d’Honneur.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Casaio (Carballeda de Valdeorras) e A Ponte (A Veiga). O seu cumio acada os 1.981 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Oia. Fundárono en 1137 o Rei Afonso VII e dona Berenguela. A primeira noticia documental data de 1149 cando Afonso VII doou ao mosteiro as súas posesións en Mougás, Viladesuso e Pedornes. Nun principio os monxes seguiron a orde de san Bieito pero en 1185 integrouse no Císter. Foi o único mosteiro cisterciense situado na costa. As súas posesións estendéronse polo Baixo Miño ata Portugal, e os monxes introduciron na zona a cría libre de cabalos. En 1547 uniuse á congregación de Castela e, en 1624, defendeu a costa dos ataques dos turcos e obtivo privilexios do Rei Filipe IV. Coa desamortización de Mendizábal (1835), vendéronse as dependencias monacais e a igrexa converteuse na parroquial de Oia. Durante a Guerra Civil Española funcionou como cárcere. Abandonado, permanece en mans privadas á espera de converter as súas dependencias en instalacións hoteleiras. A igrexa é cisterciense e presenta planta de cruz latina con tres naves lonxitudinais, separadas por grandes piares...
-
PERSOEIRO
Alpinista. Guía de montaña, empezou a escalar con 14 anos xunto ao seu irmán en Eguino. A súa primera expedición importante foi ao Kangchutse (1982) con Apellaniz, Barandiarán, Ochoa e Ollakindia, onde alcanzou os 7.200 m. Conseguiu a marca de subir 21 cumios de 8.000 m de altitude sen a axuda de osíxeno (2004), superando a anterior marca de R. Messner. Protagonizou diversas reportaxes do programa de televisión Al filo de lo imposible, de TVE e recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO