Oenanthe

Oenanthe
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, da familia das apiáceas, que presentan o talo groso, as follas pinnatisectas, as flores de cor branca e dispostas en umbelas, con numerosas brácteas, froitos globosos e con costelas. En Galicia aparece a especie O. crocata que é casusante de moitas intoxicacións mortais.