"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Actor polaco. Actor predilecto de Andrzej Wajda, debutou no cine con Popioly i diament (Cinseiros e diamantes, 1965) e colaborou posteriormente con el en filmes como Panny z Wilka (As señoritas de Wilko, 1978) ou Ziemia obiecama (A terra da gran promesa, 1975). Tamén participou en Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata, 1979), Casablanca, Casablanca (1985), A törvénytelen (O bastardo, 1995) ou Break Point (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político holandés. En 1586 foi nomeado gran conselleiro de Holanda e, de feito, exerceu practicamente a súa presidencia. En 1602, para superar a competencia de Portugal, decidiu fundar a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Enfrontouse con Mauricio I de Nassau-Orange que o fixo encarcerar e decapitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria do Paleolítico Inferior desenvolvida polo Homo habilis, que recibiu o nome do xacemento Olduvai. Caracterizouse pola manufactura mediante percusión directa sobre o canto á hora de elaborar os artefactos. Supuxo a aparición da idea de que o artefacto é concibido antes de ser fabricado. OBS: Tamén se denomina cultura de cantos tallados e pebble culture.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Olduvaiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus. É activo contra bacterias Gram-positivas e tamén contra algunhas Gram-negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido que se extrae das follas do loendro e posúe unha acción cardiotónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao olécrano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apófise grande, que se sitúa na extremidade superior do cúbito e que forma o cóbado. Na súa cara posterior insírese o tríceps, mentres que a anterior forma parte da cavidade sigmoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi prior do convento de cóengos regulares de Sant Adrià de Besòs, abade do mosteiro de Sant Ruf de Aviñón, bispo de Barcelona (1116) e arcebispo de Tarragona (1118), onde reconstruíu a catedral. O seu proceso de canonización quedou inconcluso pero considérase o patrón de Barcelona. A súa festividade celébrase o 6 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Carballedo. Ten nave rectangular románica do s XII e presbiterio recto de estilo renacentista. No s XVI reformouse a capela maior e variou a súa planta. Na fachada principal ten dúas arquivoltas e tímpano debuxado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aleksandr Ivanovič Kandyba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado en Alt Urgell, (1.880 h [2001]) O cultivo principal é a pataca, aínda que tamén destacan os de alfalfa, nabos e forraxe no regadío e cereais no secaño. Posúe gando bovino, porcino e ovino, pero a súa principal fonte de ingresos provén da industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi sacerdote (1633) e, baixo a influencia de san Vicente de Paúl, dedicouse á formación do clero. Foi o fundador do seminario de Saint Sulpici en 1642 e da congregación dos sulpicianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corno de caza de marfil, empregado na Idade Media, do que se conservan diversos exemplares. É coñecido o de Roldán co que, segundo o cantar, o heroe tentou chamar a Carlomagno tras a desfeita de Roncesvalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diurese mensurable inferior a 100 ml/día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aristócrata. Cando enviuvou, fíxose diaconisa na Igrexa de Constantinopla e, nas loitas da corte, foi partidaria de Xoán Crisóstomo. O seu atributo é unha caveira. A súa festividade celébrase o 11 de xullo en Grecia e o 17 de decembro en Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Bautizado coa súa dona Exuperia e o seu fillo Teódulo, os tres morreron mártires ao día seguinte na fogueira. A súa festividade celébrase o 26 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margaret Wilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou en Adelaida e en Cambridge. Foi profesor na Universidade de Birmingham (1937). Especializado en física atómica, en 1934 descubriu as reaccións do deuterio. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou en EE UU con Ernest D. Lawrence. Ideou un sincrociclotrón de protóns de forma anular (1943) e contribuíu ao desenvolvemento da física nuclear británica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Comezou en España, influído polas accións dos rexicidas alemáns, unha serie de atentados anarquistas contra personalidades públicas gobernamentais. O 25 de outubro de 1878 disparou contra Afonso XII, que resultou ileso.

    VER O DETALLE DO TERMO